A Porta Aberta

Volver

A CORUÑA REVERDECE

lrf lrf  •  14/06/2016  •  Toda a cidade  •    Sen comentarios

Código da proposta: 235

Plan de humanización, revexetación das rúas da cidade.

Na actualizade existen multitude de zonas da cidade totalmente hostís ao cidadán, este plan tería a siguiente misión:

UNHA RÚA, UNHA ÁRBORE, UN BANCO

A elaboración do plan podería executarse nun exercicio, ainda que entendo que levalo a cabo requeriría de máis tempo. Puidendo adicarse a cuantía dos orzamentos ao barrio no que o plan determinase que as carencias son maiores.

Informe de custo

A túa proposta foi considerada VIABLE. Trátase dunha proposta que, aínda que sen localización específica e sen caracterización cualitativa nin cuantitativa. Para establecer o alcance da actuación co orzamento dispoñible, establecéronse prezos "tipo" considerando que pola plantación de cada dez árbores, incorporaríase un banco. O prezo de plantación de arbolado non pode ser igual en rúas, prazas ou outras zonas urbanizadas, que, de forma xeral, teñen pouca dispoñibilidade de espazo adecuado, que en zonas axardinadas ou parques urbanos con maior disponibilidad de espazo de plantación, subsuelo adecuado e acceso a rego. Así mesmo, tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (16/18 en rúas e 14/16 en parques e zonas verdes urbanas), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arbolado (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes a enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes e drenaxes, dotación de sistemas de autorego para os primeiros meses, etc.). Para a determinación do prezo do mobiliario tívose en conta unha calidade de tipo medio. Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderianse plantar unha media de 600 árbores en áreas predominantemente urbanas, respectando unha distribución equilibrada entre as tipoloxías de prezos calculadas para diferentes situacións posibles. Poderíanse colocar tamén uns 60 bancos repartidos en áreas de todo tipo, sempre e cando se distribúan de xeito equilibrado. Grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas o vindeiro ano, na seguinte edición dos Orzamentos.

árbores zona verde mobiliario urbano mobiliario urbano

Comentarios (0)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.