A Porta Aberta

Volver

Plan de humanización dos barrios do desarrollismo

A. Martínez A. Martínez  •  13/06/2016  •  Toda a cidade  •    1 comentario

Código da proposta: 208

Os barrios da Agra do Orzán, Sagrada Familia, Os Mallos... foron desenrrolados sen ningún tipo de planificación sobre os carreiros existentes previamente. Froito dese desmán, todos eles carecen de zonas verdes ou espazos amplios de esparcimento, mais aló dalgúnha rúa peonil e pequenos espazos de esparcimento.

Por elo propoño unha sinxela intervención en todos eles, consistente na plantación de arbolado de pequeno e mediano porte, a modo de dulcificar todalas rúas estreitas e grises.

Anteriores equipos de goberno xustificaron a estreitez das rúas para negar ditas plantacións, pero cidades como Madrid ou Barcelona, con rúas bastante mais estreitas, poseen arbolado adaptado ás suas necesidades. 

Informe de custo

A túa proposta foi considerada VIABLE. Trátase dunha proposta que, aínda que sen localización específica, céntrase en zonas consolidadas da cidade. Para establecer o alcance da actuación co orzamento dispoñible, establecéronse prezos "tipo" segundo os lugares de plantación posibles, que habería que determinar no momento de execución desta actuación. O prezo de plantación de arboledo non pode ser igual en rúas, prazas ou outras zonas urbanizadas, que, de forma xeral, teñen pouca dispoñibilidade de espazo axeitado, que en zonas axardinadas ou parques urbanos con maior espazo de plantación, subsolo adecuado e acceso ao rego. Así mesmo, tomáronse en consideración a necesidade de que as árbores tiveran un calibre mínimo (16/18 en rúas e 14/16 en parques e zonas verdes urbanas), para garantir a súa viabilidade, así como outras características do arboledo (preferentemente frondosas, de folla caduca, resistentes á enfermidade e ao ambiente salino, etc.) e dos sistemas de plantación (mellora do volume de plantación en áreas pavimentadas mediante subsolos estruturais ou métodos similares, utilización de anclaxes e drenaxes, dotación de sistemas de autorego para os primeiros meses, etc.). Partindo da estimación de custos realizada e do orzamento máximo previsto de 1 millón de euros poderíanse plantar unha media de 700 árbores en áreas predominantemente urbanas, respectando unha distribución equilibrada entre as tipoloxías de prezos calculadas para diferentes situacións posibles. Non obstante, a pinza podería variar entre un mínimo de 350 e un máximo de 1400 exemplares. Grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver a contar coa túa colaboración na edición do ano que vén.

árbores

Comentarios (1)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Inhaki
    Inhaki  • 06/07/2016 14:55:12

    Me parece muy buena la idea, pero confieso que no se me ocurre muy bien como, salvo demoliciones masivas y volver a construir reordenando los volúmenes (me parece que el millón de euros de los presupuestos participativos no llegaría).

    Aun así la propuesta me parece buena. A ver si a los técnicos en la materia se les ocurre algo.

    Sen respostas