A Porta Aberta

Volver

Mellora das instalacións do CCM de San Diego.

antonioprado antonioprado (Asociación Cultural Donaire)  •  12/06/2016  •  Os Castros – Casablanca  •    4 comentarios

Código da proposta: 200

​Como usuarios deste centro cívico detectamos nel varios defectos importantes que nos gustaría que se mellorasen, polo que propoñemos:

  1.  Acondicionamento acústico das aulas: Durante moitas horas á semana o centro acolle ensaios  musicais de diversas formacións e a pésima acústica das aulas dificulta enormemente este labor polo que propoñemos que se acondicionen para poder desenvolver estas actividades de maneira óptima. Se non fose viable acondicionalas todas xuntas, pensamos que se podería comezar por facelo con dúas das do segundo andar por seren as máis utilizadas. Asemade, pensamos que se poderían insonorizar para poder desenvolver actividades ao mesmo tempo en varias aulas sen que o ruído dunhas contamine as outras, maiormente se se ten en conta que no segundo andar hai tamén unha aula de estudo moi concorrida e que se vería moi beneficiada con esta mellora.  
  2. Control térmico e reparación das ventás: Todos os usuario/as deste centro cívico sabemos que nel hai moitísima calor xa que os radiadores están conectados aos do complexo polideportivo e non se poden regular. Este problema agrávase polo feito de que  a maioría das ventás non abren, xa que están avariadas desde hai anos, co cal se fai imposible ventilar e refrescar as aulas adecuadamente e estas convértense en auténticas saunas. Así pois, cremos que é moi importante solucionar este problema.  
  3. Seguridade nas escaleiras: Ao Centro Cívico Municipal de San Diego acoden moitísimos nenos e nenas cada día e consideramos que o oco das escaleiras é moi perigoso para eles. Propoñemos que se busque unha solución (como se fixo , por exemplo, nas escaleiras do principio/final da Av. De Alfonso Molina) que reduza ao máximo o perigo e que  garanta a seguridade dos ditos usuarios/as.

Informe de custo

Agrádanos comunicarche que esta proposta é VIABLE segundo as seguintes consideracións: O custo estimado para cada unha das actuacións solicitadas é o seguinte: 1. A mellora do illamento e acondicionameto acústico das aulas situadas no segundo andar do centro, para o seu emprego como salas de ensaios, pode ter un custo estimado de 70.000 € 2. Dotar ao edificio dunha instalación propia de calefacción e auga quente sanitaria, cunha acometida propia de auga dende a rede pública, tería un custo de 105.851 €, segundo proxecto xa redactado. 3. Substituír as barandas das escaleiras principais do edificio por outras nova deseñadas de acordo cos requisitos sinalados no Código Técnico da Edificación, Documento Básico de Seguridade de Utilización e Accesibilidade, pode ter un custo de 8.000 €. Agradecemos a túa participación neste programa de Orzamentos participativos e esperamos contar coa túa colaboración na vindeira edición.

centros cívicos eficiencia enerxética espazo cultural patrimonio municipal

Comentarios (4)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • juan_carlos
    juan_carlos  • 15/07/2016 11:41:34

    Mejora de los vestuarios de caballeros. Poner igual al menos que el de las mujeres y no discriminar por sexos. Muchas suciedad, duchas en mal estado, suelo siempre encharcado y por tanto resbaladizo con el correspondiente riesgo de caidas.

    Sen respostas
  • juan_carlos
    juan_carlos  • 13/06/2016 19:28:56

    Los vestuarios masculinos dan asco, con los suelos encharcados y por tanto con el riesgo siempre latente de resbalar, taquillas viejas (muy sucias y oxidadas), pocas duchas regulables (con agua fria), etc. Además se empiezan pequeños arreglos que nunca se terminan y quedan a medias, con el consiguiente desorden y suciedad, en cambio, los vestuarios de las mujeres, sin ser ningún lujo por lo menos están más decentes y limpios, con lo que no entiendo el porque de esta discriminación.

    Ocultar 1 resposta