A Porta Aberta

Volver

Reparquea Coruña. Natureza e xogo libre nas prazas da cidade

magarees magarees (Educación Galega en Transición)  •  12/06/2016  •  Toda a cidade  •    8 comentarios

Código da proposta: 195

En poucas décadas desterramos aos nenos das rúas para confinalos en parques infantís.

Espazos cada vez máis pechados e illados nos que a natureza é a grande ausente. Neles é máis doado atopar un envoltorio de plástico que unha folla de árbore ou unha pedra. A Coruña é cada ano unha cidade máis vella e máis gris. Por se isto fose pouco, a maioría dos espazos nos que confinamos aos nenos para que xoguen son tan asépticos e hiperseguros como inaxeitados para o correcto desenvolvemento físico, emocional e sensoriomotor dos nenos. Consideramos que é urxente unha revolución na planificación e o deseño urbán para que a cidade volva resultar acolledora para os seus habitantes.

Para comezar este camiño proponemos unha primeira quenda de medidas urxentes:

1.- Sustitutir os solos de caucho por elementos naturais. A area, o céspede ou a cortiza son igual de blandos, máis ecolóxico e ofrecen posibilidades ilimitadas de xogo. O ideal sería retirar os pavimentos a base de derivados do petróleo canto antes pero pode facerse a medida que se vaian deteriorando.

2.- Instalar areeiros e/ou zonas con terra nos parques nos que haxa espazo para elo. Ofrece aos nenos moitas máis posibilidades de xogo que calqueira módulo industrial, favorecen a inclusión e a igualdade de xénero. Las posibilidades de diversión e experimentación multiplicaranse se canda eles colocamos billas, fontes, bombas de auga e canles accesibles.

3.- Procurar que existan zonas con pedras e anacos de madeira que permiten infinidade de construccións e adestrar a coordinación man-ollo aos máis pequenos.

 4.- Plantar árbores e arbustos nas inmediacións das zonas de xogo. Obteremos acubillo e sombra, ademais de facilitar aos nenos a observación da natureza.

 5.- Convidar aos cidadáns a que planten árbores neses espazos e acondicionar unha área para este fin. Teremos monumentos vivos en lembranza dos nosos seres queridos, facilitaremos os procesos de dolo e anunciaremos as benvidas. Iremos tinguindo de verde a cidade, que falta lle fai.

6.- Convertir en elementos lúdicos aqueles que forman parte do patrimonio etnográfico (barcas, muíños, randeeiras con redes das nosas redeiras...).

7.- Instalar cubertas que permitan resgardarse da choiva. As familias non terán que recurrir a pasear en inverno polos centros comerciais.  

8.- Rematar co gueto de xogos dentro dos parques. Comecemos por ahí o camiño hacia a Cidade dos Nenos, convidémoslles a moverse libremente por todo o espazo mediante a instalación de elementos paisaxísticos que conviden ao xogo. Troncos caídos, tocóns... os materiais son sinxelos e poden sair das talas municipais. Non é lóxico que nun parque con centenares de metros a zona infantil esté confinada nunha decena deles.

Informe de custo

A proposta foi considerada VIABLE polo noso equipo técnico, en base ao seguinte informe: "Tras analizar os datos técnicos dos parques da nosa cidade, detéctase que 2/3 da superficie total destes está composta por elementos de caucho. Aínda que moitos parques infantís están rodeados de zonas verdes e vexetación, outros poden dotarse de árbores e elementos propios da natureza que permitan o desenvolvemento sensorial dos nenos, mellorando así o contorno. Para isto, proponse a construción de xardíns e plantación de árbores en aqueles que non conten con elementos naturais. A adaptación dos pavimentos de caucho en más condicións a un solo máis ecolóxico supón un custo aproximado de 51 euros por m2, incluíndo a retirada do caucho actual e a formación do xardín. A implantación de areeiros no lugar de elementos de caucho xera un custo económico maior. Con todo, para reducir a elevada porcentaxe de uso deste material, proponse a instalación de areeiros, cun custo aproximado de 145 euros por m2. A estimación do prezo da árbore plantada xeraría un custo de entre 600 e 700 euros. A estimación do custo de cubertas no espazo público estímase en 200.000 euros por cuberta de PBL, tendo en conta a asignación orzamentaria para a cuberta prevista na Praza Elíptica dos Rosais." Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos contar de novo coas túas propostas no vindeiro ano.

parque infantil instalacións ao aire libre árbores

Comentarios (8)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • jcarlos
    jcarlos  • 25/06/2016 00:40:14

    Totalmente dacordo. Soio engadiria máis áreas saudables para maiores nos parques

    Ocultar 1 resposta
      • magarees
        magarees  •  Autor  • 25/06/2016 19:17:45

        Sí, esas oito medidas son parte dun proxecto máis extenso que tamén aspira a ir tecendo espacios interxeneracionais. Pensamo que unha boa forma de acadalo e comenzar por algunhas prazas e parques da cidade nas que se propicie o fin de áreas específicas e se potencie a inclusión de elementos que sirvan a xente de todalas idades. Un tronco por exemplo, vale para que os cativos xoguen, os mozos fagan parkour e os maiores exercicios máis suaves.

        Sen respostas