A Porta Aberta

Volver

Humanizar o Paseo Marítimo

slamelov slamelov  •  11/06/2016  •  Toda a cidade  •    26 comentarios

Código da proposta: 186

O Paseo Marítimo parece unha autoestrada, e habería que humanizalo. Limitar a velocidade a 30, eliminar os semáforos entre o Hotel María Pita e o Náutico Deportivo, poñer pasos peonís ben sinalizados e elevados, para evitar o exceso de velocidade tan habitual na zona, e poñer máis, para que haxa mellor comunicación entre as beirarrúas. Incluso limitar a circulación a un so carril se, algún día, eliminan os raís do tranvía.

Na zona de Riazor - Orzán, tamén zona 30, que calquera que pase por alí, sabe que non se respecta o límite de 50 por un gran número de coches. Deixar os semáforos imprescindibles para regular os cruces, e o resto, pasos peonís elevados.  O tramo entre a rotonda da Avda. de Buenos Aires - Manuel Murguía e o Obelisco Millenium, eliminar un carril de circulación e facer un carril bici, porque o actual ten farolas no medio, e no primeiro tramo do Paseo de Ronda é inexistente. 

En resumo, humanizalo

 

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE polo equipo técnico municipal, en base ao seguinte informe: "O Paseo Marítimo da Coruña combina zonas diferenciadas por usos: zona peonil, zona para ciclistas, unha franxa para o tranvía e calzada para automóbiles, todo iso con zonas axardinadas intermitentes que delimitan certos carrís. A día de hoxe, o uso da bicicleta na cidade sufriu un incremento considerable, pasando dun servizo turístico a un transporte cotiá para a veciñanza. Intentando apoiar e fomentar o uso do Paseo marítimo por bicicletas e peóns, proponse a construción dun carril bici dende a Avenida de Buenos Aires ata o monumento Millennium, que unirá dous tramos existentes e en bo estado do actual carril bici do paseo. Para isto, proponse eliminar o carril de circulación próximo ao paseo, que alberga na metade da súa lonxitude as vías do tranvía, hoxe en día en desuso, ata o Colexio Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús. No seu lugar, proponse a construción dunha zona axardinada e dun carril bici libre de toda clase de obstáculos e cun pavimento liso e cómodo par os/as usuarios/as, seguindo coa estética do paseo existente. Ademais, eliminarase o tramo do carril bici incompleto e con obstáculos mencionado na proposta, pavimentándoo e aumentando así o ancho da zona peonil. Para esta actuación estímase un orzamento total de 690.000€". Agradecemos a túa participación nos Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coa túa colaboración en novas edicións do programa.

pasarelas peonís pasos de peóns mobilidade carril bici tráfico

Comentarios (26)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • lkn.daniel
    lkn.daniel  • 27/09/2016 23:24:17

    jesus! solo falta que pidan hacerlo peatonal!! limitarla a 30? nos damos cuenta que es una arteria indispensable para la ciudad, debido a que pasa por la zona estrecha de la península de la ciudad? :S mas bien habría que potenciarla y hacerla mas ágil y segura

      • slamelov
        slamelov  •  Autor  • 28/09/2016 08:27:19

        Está demostrado que máis velocidade ou carrís perxudican á circulación.

        É unha barbaridade tal e como está agora, o que hai que potenciar é transporte alternativo, como fan nas cidades modernas. O coche hai moito que se converteu nun problema, non nunha solución, e nesa liña hai que actuar. As cidades que seguiron o modelo de potenciar o transporte a pé, bici ou transporte colectivo, melloraron a calidade de vida, e A Coruña non é unha cidade tan grande como para ter que ter unha autoestrada no paseo marítimo. Mira San Sebastián, por exemplo.

        Deixemos de pensar no coche e pensemos en outros medios, os 70 xa quedaron moi lonxe. Necesitamos solucións modernas e respectuosas coa contorna.

        Ocultar 1 resposta
          • lkn.daniel
            lkn.daniel  • 29/09/2016 21:07:10

            Que si, estoy deacuerdo en que en bici y en bus se puede ir a muchos sitios, pero tu con esta medida no estas potenciando buses o bicis, estás perjudicando a los coches para que la gente use los buses y bicis, y ese no es el camino.
            Esa carretera que dices de "humanizar" tiene un carril bici, una acera ENOOOORME, y 4 carriles para coches, por el que pasan también buses. Reducir la velocidad de los coches y añadir esos pasos de cebra elevados solo entorpece el tráfico. en Pontevedra hay una avenida que es tooodo el rato así.... a 30 por hora y cada 40 metros una montaña de paso elevado... de veras, es lo peor.
            Y reitero lo que dije, que no es una calle cualquiera, que no hay muchas alternativas, que es una arteria principal de la ciudad, que justo está en la zona estrecha de la ciudad por la que solo hay 3 opciones: puerto, plaza pontevedra y orza. osea, a un lado, por el medio y al otro lado... precisamente si hay problemas de circulación, habrá que mejorarla! no entorpecerla!! xD

            Ocultar 1 resposta
              • slamelov
                slamelov  •  Autor  • 30/09/2016 00:31:54

                Si, ese é o camiño, ou un deles.

                Primeiro, non é peonalizar, é convertir unha autoestrada nunha avenida. Precisamente Pontevedra é un exemplo e ademáis referente, e conseguiu varios obxectivos, un deles é a desmotivación para a utilización do vehículo privado. Deixar un carril bus para o paseo, por exemplo. A desmotivación para a utulización do coche acompañada con melloras no transporte público é o camiño a seguir. Non pode ser que por esa zona os coches pasen a 80. Máis aínda no resto do paseo, onde o tráfico é moito menor.

                En serio pensas que todos a xente que usa o vehículo privado o fai porque non ten máis remedio ou hai un exceso de uso?. Precisamente, para mellorar o tráfico hai que reducilo. Le o libro Traffic ;)

                Ocultar 1 resposta
                  • lkn.daniel
                    lkn.daniel  • 30/09/2016 18:32:20

                    Tu método para emplear el transporte público y biciletas es el mismo que el del PP para la potenciación de la sanidad privada: mejorar la sanidad privada? no, empeoramiento de la pública y así se irán ala privada. ésta propuesta es lo mismo, en vez de mejorar el transporte público y acceso en bicicletas, penalizas el vehículo.

                    es como si para potenciar la compra de vivientas, empeoras las condiciones de alquileres, o que para que la gente compre coches nuevos, inundas de impuestos a los coches viejos. :S

                    Ocultar 1 resposta
                      • slamelov
                        slamelov  •  Autor  • 30/09/2016 18:55:11

                        Estaría ben discurtir cun mínimo de seriedade e non usando falacias, coma neste caso, a falacia do home de palla. O PP non quere mellorar a sanidade privada nin a pública, o que quere é que fagan negocio as empresas amigas, multinacionais que son ás que mandan. Nont en nada que ver, aquí pido un modelo de humanización que xa se empregou en moitas cidades con éxito, e que mellora o tráfico porque prioriza peóns, bus e bicicletas reducindo coches e desmotivando a súa utilización, ademáis de reducindo a velocidade da zona, que é excesiva. Para mellorar o bus na cidade, como vai polo mesmo sitio que os coches, ou reduces coches ou non mellora, a non ser que teñas un tren de proximidade que depende de Fomento, non do concello. E esto está máis que estudiado. Mira a Paradoxa de Braess, por exemplo. E hai numerosos artigos e libros por aí.

                        http://www.ecologistasenaccion.org/article20005.html

                        Sen respostas
  • mayeuticon
    mayeuticon  • 12/06/2016 15:00:47

    ¿quizas unas pasarelas con plataformas flotantes por encima de los carriles?¿Sumergir parte del tráfico por el parking que ya discurre bajo la calzada?

    Ocultar 2 respostas
      • slamelov
        slamelov  •  Autor  • 12/06/2016 17:15:29

        Non o vexo, as pasarelas elevadas terían un impacto visual tremendo, dificultarían a mobilidade peonil e non solventaría o principal problema; o excesivo tráfico a gran velocidade. Usar o aparcadoiro como túnel, eliminaría prazas de aparcamento que tampouco axudarían.

        A idea é facer máis "humano" o paseo, reducindo o impacto dos vehículos.

          • mayeuticon
            mayeuticon  • 14/06/2016 14:26:03

            Impacto visual dependiendo de quien las diseñe. No dificultarían sino que permitirían la mobilidad peonil mucho más que con los actuales pasos de cebra y las aceras estrechas. En principio se me ocurre que no haría falta desplazar ninguna plaza de aparcamiento, sino utilizar simplemente los carriles de circulación que ya existen una vez sean adecuadamente reacondicionados. A todos los efectos el terreno subterráneo por el que discurre el parking del Orzán debe ser devuelto a la administración para ejecutar un reacondicionamiento de la circulación de tráfico por el centro.

            Ocultar 1 resposta
              • slamelov
                slamelov  •  Autor  • 14/06/2016 16:43:32

                Da igual o deseño, son estructuras que tapan a vista nunha zona de valor paisaxístico. A mobilidade peonil a perxudica porque hai que subir ramplas para poder cruzar, e deberán ter a altura necesaria para que poidan pasar camións no caso de que tiveran que pasar. Tes varios exemplos na cidade, por exemplo en Alfonso Molina, Avda de Arteixo ou Matogrande. Os pasos peonís a unha altura de 30 cm con respecto a calzada, pero ao mesmo nivel que as beirarrúas, e máis anchos, priorizan os peóns sobre os coches, algo que non fan os semáforos. Ademáis, o custo é menor e obrigan a que os vehículos circulen máis despacio.

                Comparto totalmente que o aparcadoiro ten que volver a propiedad pública, pero a concesión, se non me equivoco, fíxose por 35 anos, e habería que indemnizar á empresa no caso de remunicipalizala. E sairía do presuposto. Ademáis, meter vehículos en superficie no propio paseo, é algo que afea, trátase de humanizar, de reducir vehículos, e que os vehículos vaian máis lentos.

                Ocultar 1 resposta
                  • mayeuticon
                    mayeuticon  • 21/06/2016 13:37:33

                    El diseño nunca da igual. Además entre los setos de metro ochenta y la balaustrada exagerada el valor paisajístico que se obtiene desde la zona de terrazas es bastante bajo. La verdad es que el paisaje seguiría siendo disfrutable desde la zona del paseo. Otra cosa es que la obra sea viable debido al subterráneo y la fragilidad del suelo. Yo revisaría las condiciones en que se realizó esa concesión, seguramente haya algo. Lo de quitar es vehículos está bien, si hay una alternativa de transporte que en estos momentos no existe, ni siquiera en proyecto.

                    Ocultar 1 resposta
                      • slamelov
                        slamelov  •  Autor  • 21/06/2016 14:16:50

                        Da igual no sentido de que afecta a visión, aparte do xa comentado da dificultade para que as usen as persoas para cruzar. O da balaustrada e o seto é outro tema, non sei se iso xa sairía do orzamento, a proposta vai na liña de humanizar reducindo vehículos, velocidade e fomentando a mobilidade peonil e de bicicletas.

                        Si hai proxectos alternativos, como o tren de cercanías, de feito as infraestruturas xa están, habería que melloralas. Hai varios proxectos nesa liña. Ademáis, para moitos desprazamentos no paseo tamén hai alternativas; camiñar, bus e bici. Humanizando o paseo poténcianse esas alternativas.

                        Ocultar 1 resposta
                          • mayeuticon
                            mayeuticon  • 23/06/2016 13:19:01

                            Afecta a la visión en función del diseño. No comprendo a que te refieres cuando hablas de la dificultad de las personas para utilizar las hipotéticas pasarelas. Dificultad que si existe hoy en día al sólo poder transitar por los pasos de cebra regulados por semáforos igualmente ineficientes para personas y vehículos. No me malinterpretes, yo apuesto por la peatonalización de la mayor parte del centro incluyendo la zona de la que estamos hablando, pero para esto hace falta definir con todo detalle un nuevo plan de transporte público urbano, sobre todo de los buses urbanos que en la actualidad son del todo ineficientes (trayectos demasiado largos y conexiones escasas).

                            Ocultar 1 resposta
                              • slamelov
                                slamelov  •  Autor  • 23/06/2016 20:14:23

                                Como non os deseñen invisibles, afectan á visión, eso é un feito. Poderán ser todo o bonitos que queiras, pero taparán a visión do que haxa detrás.
                                Le ben a proposta. É eliminar semáforos porque os pasos peonís teñen prioridade sobre os vehículos. E a dificultade de ter que ir por unha pasarela é porque hai que subir e ter unha pendente axeitada tanto para persoas como para cadeiras de rodas, o cal alonga a distancia que hai que percorrer en comparación con cruzar directamente por un paso peonil elevado. Elevado para que os coches non podan ir moi rápido, que é o que acontece agora. Uns 30 cm ou así.
                                Os buses urbanos teñen un problema fundamental, que van por onde van os vehículos, o cal fai que sexan ineficientes por moito que melloren as liñas (que o están a facer). Todo pasa pola reducción de vehículos, aínda que na humanización do paseo ben podería haber un carril bus de ida e outro de volta.
                                http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/03/06/tren-unir-comarca/1048196.html

                                Ocultar 1 resposta
                                  • mayeuticon
                                    mayeuticon  • 01/07/2016 09:18:33

                                    Pasarelas: Fuente de los surfistas, casa de turismo, Gasthof 1, rompeolas, Gasthof 2, plaza de portugal. No es cuestión de lo bonitas que sean, que también, sino de optimizar la movilidad peatonal, cosa que unos pasos de cebra SIN SEMÁFOROS, en una vía para vehículos como la del paseo no iguala, además de ser bastante inseguro para peatones y vehículos. Leo bastante bien y hago mucho esfuerzo por ver los beneficios de tu propuesta.

                                    Ocultar 1 resposta
                                      • slamelov
                                        slamelov  •  Autor  • 01/07/2016 14:55:55

                                        Os novos modelos de mobilidade pasan pola redución de semáforos e priorizar os pasos peonís, e para iso ten que haber unha redución da velocidade, o cal conséguese aumentando os pasos peonís, facéndoos elevados e deixar os semáforos so para cruces imprescindibles. As pasarelas peonís elevadas están so aconselladas para vías de alta capacidade, incluso neses casos considérase que é mellor un paso subterráneo... para os vehículos, nunca para peóns, porque se non, volvemos ao mesmo, priorizas os vehículos.

                                        Non pode ser que para cruzar o paseo marítimo haxa que subir unha pasarela de 5 metros, non é priorizar o peatón, que é o que se pretende. En moitas cidades seguen ese esquema, por exemplo, San Sebastián, por poñer unha cidade semellante. O modelo de pasarelas é dos 70 e 80.

                                        Ocultar 1 resposta
                                          • mayeuticon
                                            mayeuticon  • 02/07/2016 08:23:05

                                            Quitar los coches está bien, pero ¿cómo articulamos la movilidad entonces?. Lo que estás proponiendo sólo sería viable con un plan de transporte público alternativo, como el que vengo demandando desde que tengo uso de razón. Una vez se detalle ese plan, podemos entrar a debatir la peatonalización, pero por favor no seamos impacientes y caigamos en el error OTRA VEZ, como en La Marina, de correr a batir cemento sin pensar en las consecuencias. Las pasarelas son una solución que yo no descartaría, y cuyo punto débil más importante no tiene que ver con el diseño o la actualidad de las tendencias arquitectónicas sino con el hecho de que el Paseo Marítimo en los últimos años se esta viendo afectado por la subida del mar, lo cual puede devenir en un peligro para la estructura, aunque seguramente sea salvable técnicamente. Un saludo contertulio.

                                            Ocultar 1 resposta
                                              • slamelov
                                                slamelov  •  Autor  • 04/07/2016 00:40:45

                                                Non estou a falar de peonalización, para iso fai falta ter o tren de cercanías. Por iso dicía que non está a ler o que poño. Falo de humanizar, de facer que o paseo marítimo non sexa unha autoestrada onde os coches vaian a 80 km/h, como ocorre agora. E de paso, reducir o seu número, o cal non é o mesmo que peonalizar. Poñendo pasos peonís ao mesmo nivel que as beirarrúas, aumentando o seu número e tamaño e eliminando semáforos para priorizar os peóns, abonda para humanizar todo o paseo, como indico na proposta. Se os coches queren pasar, poderán facelo, pero a outro ritmo. Tamén hai que sacar o carril bici á estrada, especialmente no tramo entre Escravas e Millenium, ocupando o espazo aos vehículos, non aos peóns.

                                                O da Mariña non ten nada que ver co que propoño, eso foi unha desfeita.

                                                Sen respostas
  • slamelov
    slamelov  •  Autor  • 13/06/2016 10:37:11

    Unha aclaración, cando falo de pasos peonís elevados, non me refiro a pontes ou pasarelas, refírome a pasos de cebra con badén, 20 cm por enriba da estrada. Igual non se entende ben.

    Sen respostas