A Porta Aberta

Volver

A creación de espazos musicais na rúa ou en parques

pedro16797 pedro16797  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  •    3 comentarios

Código da proposta: 160

A creación de espazos na rúa ou en parques nos que, previa solicitación, se poida tocar, podería dar actividade á cidade, ao comercio e á cultura.

 

A creación (que eu teño en mente): Unha zona (a poder ser cuberta ou en parte cuberta) con algunha marca no chan que delimite o espazo, e un rexistro cun calendario público para poder pedir cada un de estos espazos. (A colocación de tomas de corrente podería facilitar a moitos grupos o tocar na rúa, podería colocarse un panel solar na cobertura, cunha batería con acceso limitado aos enchufes, e que ben os grupos que quixeran usar a corrente solicitasen unha chave ou un garda local se achegase a facilitalo). Pero valería outra diferente que o concello considere máis segura e viable (o importante e telos e que nun futuro xa se vaian engadindo máis cousas e mellorando os espazos).

Informe de custo

Esta proposta foi considerada VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "Nalgún dos espazos públicos da cidade, que deberían seleccionarse segundo criterios de respecto ás vivendas, condicións de seguridade,..., sería posible acondicionar estruturas lixeiras con certo grado de mobilidade que permitan orientalas ou axustar a súa dimensión de acordo aos distintos usos que a cidadanía puidese darlle vinculadas ás artes escénicas e musicais, poesía etc.. e en distintas circunstancias circunstancia (ensaios, concertos etc.), e que poidan ser versátiles. As estruturas, ancoradas ao chan únicamente o necesario para garantir a súa estabilidade e a conexión ás redes, mais respectando un marxe de mobilidade, servirían mesmo para delimitar o espazo escénico como para soportar os elementos de megafonía e pantallas acústicas ou outros elementos definidores do dito espacio como parte da propia intervención cidadá. Cada estrutura, incluída a súa conexión á rede pública eléctrica, e a formación ou regularización do pavimento sobre o que puidese moverse pode ter un custo aproximado de 90.000 €, polo que poderían chegar a instalarse 11 estruturas por un importe total de 990.000 €." Agradecemos a túa colaboración neste programa de Orzamentos Participativos e esperamos contar coas túas propostas na vindeira edición.

instalacións ao aire libre espazo cultural

Comentarios (3)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.