A Porta Aberta

Volver

Piloto de migración a Software Libre

psanxiao psanxiao  •  10/06/2016  •  Toda a cidade  •    7 comentarios

Código da proposta: 156

Era unha das proposta do programa de goberno: "Auditoría do software e implantación progresiva de software libre".

Este proceso e costoso e ambicioso no seu conxunto, máis poden darse pasos. A miña proposta sería facer un piloto collendo como referencia un número limitado de postos de funcionarios públicos e facer unha migración dos seus equipos a software libre de forma progresiva, empezando polas aplicacións máis habituais como pode ser o navegador web, o correo electrónico ou as de ofimática ata chegar á migración completa do escritorio.

Inicitivas como esta están sendo levadas a cabo con éxito noutras cidades. Na Coruña e en Galicia temos un tecido empresarial de software libre moi completo con empresas punteiras neste ámbito a nivel internacional que poden dar soporte, e un tecido asociativo arredor do software libre tamén moi amplo.

Informe de custo

Esta proposta considérase VIABLE segundo o seguinte informe técnico: "En paralelo ao estudo para a análise e implantación progresiva de software libre que se vai levar a cabo durante o ano que vén e en base á proposta cidadá, proponse realizar nunha primeira fase unha experiencia piloto de migración do escritorio a software libre, comezando polos postos de uso público dunha ubicación (biblioteca ou centro cívico). Nunha segunda fase, poderíanse estender os resultados do piloto ao resto de postos de uso público destes centros (aproximadamente 300 postos). A segunda fase sería casi automática se o piloto resulta exitoso." Agradecemos a túa contribución a este programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver a contar coas túas propostas na edición do ano que vén.

desenvolvemento informático

Comentarios (7)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • psanxiao
    psanxiao  •  Autor  • 19/09/2016 16:58:44

    Segundo o que pon no Informe de custo respecto do informe técnico, non se respetou a miña proposta. O que eu propoñía era un piloto de migración dos postos de funcionarios públicos, para levar a cabo unha posterior migración da administración no seu conxunto. A idea do piloto é identificar diferentes roles de usuarios dentro dos postos informáticos de funcionario e tamén identificar problemas derivados da migración. No seu informe técnico fálase de migrar os postos de uso público (biblioteca ou centro cívico). Estos non son postos de funcionario e pola súa natureza é imposible identificar roles de usuario. Se se queren migrar os postos de uso público xa hai un proxecto denominado Rede CeMIT, da Xunta de Galicia con case 100 aulas repartidas por toda Galicia nas que todos os equipos teñen o escritorio 100% con software libre. Pero como digo esta non era a idea da proposta, senón facer un piloto de migración do posto de funcionario.

    Sen respostas
  • galego1906
    galego1906  • 06/07/2016 13:53:28

    La votaría 100% pero como dices era una propuesta de este gobierno. Por lo cual se tiene que llevar a cabo. No debería de entrar en el tema de ornamentos participativos.

    Ocultar 1 resposta
      • psanxiao
        psanxiao  •  Autor  • 06/07/2016 14:00:27

        Como pongo en la propia propuesta el programa de gobierno decía: "Auditoría do software e implantación progresiva de software libre", eso se puede interpretar de muchas maneras y puede implicar una migración o no. Como no sé exactamente lo que implica y no sé si se va a llevar a cabo o no por eso lo propongo.

        Ocultar 1 resposta
          • galego1906
            galego1906  • 06/07/2016 14:28:46

            Si si, totalmente de acuerdo. Pero creo que es algo que le deberíamos de exigirlo, y no sería justo que se "malgastara" una iniciativa promovida por la gente en algo que ya tendrían la "obligación" moral de hacer. Pero repito la propuesta estoy 200% de acuerdo.

            Ocultar 1 resposta
              • psanxiao
                psanxiao  •  Autor  • 06/07/2016 15:40:27

                Siguiendo ese razonamiento igual la gran mayoría de propuestas se tendrían que caer porque podrían encajar con las 99 propuestas de programa de gobierno. Carriles bici, accesibilidad, regeneración urbana, movilidad, cualquier iniciativa en ese sentido y muchas más cosas serían exigibles también. No sé, yo prefiero que se adquiera el compromiso de forma fehaciente a través de los presupuestos ya que hay esta oportunidad, que creer en la obligación moral que supone un programa electoral.

                Ocultar 1 resposta
                  • galego1906
                    galego1906  • 06/07/2016 15:44:48

                    Completamente de acuerdo, todos los que encajan con el programa que llevó a la marea al gobierno, no deberían de necesitar Esta vía, ni pasar estas cribas. Entiendo perfectamente los dos puntos de vista. Mucha suerte con la propuesta.

                    Sen respostas