A Porta Aberta

Volver

Aparcadoiros públicos e cubertos para bicis

Nonquero Nonquero  •  07/06/2016  •  Toda a cidade  •    9 comentarios

Código da proposta: 12

Moitos de nós, veciños e veciñas da Coruña, usamos a bicicleta para movernos pola cidade, pero temos o problema de que, sobre todo no inverno, non temos lugar onde aparcalas sen risco a que se mollen ou as rouben. Cunha pequena infraestrutura (marquesinas, por exemplo) en lugares determinados da cidade ou mesmo chegando a acordos cos aparcadoiros que teñan concesións públicas para que reserven un espazo de balde para as bicis, este problema estaría solucionado, fomentando así o uso deste vehículo

Informe de custo

A proposta considérase VIABLE en base ao seguinte informe técnico: "O custo de cada estrutura de cubrición dun aparcadoiro de bicicletas de 3,60 m de longo por 2,00 m de fondo, necesarios para cubrir as bicicletas na súa totalidade, pode acadar os 25.000 €. O número actual de estacións de biciCoruña é de 23 unidades. Tomando ese número como referencia aínda que a proposta non se refire a estes lugares, considérase que o custo estimado desta proposta sería de 575000 euros". Moitas grazas pola túa participación no programa de Orzamentos Participativos e esperamos volver contar coas túas achegas no vindeiro ano.

aparcadoiros mobilidade instalacións ao aire libre bicis

Comentarios (9)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • slamelov
    slamelov  • 07/06/2016 16:32:44

    Apoio á proposta e engado que sería interesante montar aparcadoiros de bicis en todos os centros educativos públicos da cidade, e poñer estacións de Bici Coruña en todos os edificios da administración, museos, centros deportivos, etc. A proposta non suporía un gran investimento e contribuiría á reducción do uso de vehículos privados.

    Sen respostas
  • gael.beira
    gael.beira  • 05/07/2016 11:30:03

    Un espazo reservado para o aparcamento para bicis nos aparcadoiros públicos da cidade paréceme interesante para incorporar á proposta, coido que mesmo se podería reformular a cota de bicicoruña cunha fórmula para usuarios sen bici (ou que prefiren empregar as bicis do concello) e outra para usuarios que dispoñen de bicicleta de seu que sería a que daría acceso aos aparcamentos soterrados.Tamén poderían combinarse as dúas fórmulas con un pequeno desconto. Que che parece?

  • monfero
    monfero  • 09/06/2016 10:24:34

    Na mesma liña da proposta principal eu daríalle prioridade a outros puntos principais da rede de transporte, é dicir: estación de tren e estación de buses coa intención de promover tanto a mobilidade en bicicleta como o transporte público . Algunhas persoas desprazámonos en bicicleta para utilizar estes medios e non temos onde aparcar a bicicleta con seguridade. O servizo como BiciCoruña non funciona, ademais, ás primeiras horas da mañá, polo que temos que utilizar a nos a propia bici para desprazarnos ás estacións de tren ou bus e dirixirnos ao traballo.

    Sen respostas