A Porta Aberta

Volver

Ampliar a Escola de Música

slamelov slamelov  •  09/06/2016  •  Monte Alto - As Lagoas - San Amaro  •    3 comentarios

Código da proposta: 101

A Escola Municipal de Música está situada na parte traseira do colexio Curros e comparten patio. O colexio ten un espazo limitado para o comedor, porque ese espazo o precisan para os laboratorios exteriores da  Escola de Música. Xusto na esquina da Rúa Torre coa Avda. de Hércules, hai un espazo que ten unha figueira (por suposto habería que salvala) que podería utilizarse para ampliar a Escola de Música. Sería cuestión de usar ese chaflán para unir os dous edificios. Deste xeito, o Colexio de Curros podería usar os laboratorios para solventar o problema de espazo no comedor, mentres que a Escola de Música podería ter, nesa ampliación, os laboratorios, un salón de actos en condicións e máis aulas, o cal permitiría ampliar as prazas e máis persoas terían acceso á escola, unha das mellores cousas que temos na cidade.  Ademáis, o feito de ter un salón de actos podería servir para concertos  do alumnado da propia escola ou outras actividades culturais e sociais da veciñanza. 

Informe de custo

Na liña desta proposta, que se considera VIABLE, no ano 2002 elaborouse un anteproxecto para a construción dun auditorio para a Escola Municipal de Música na ubicación sinalada, cunha superficie construída total de 434,30 metros cadrados. Considerando un módulo de construción entre os 1.500 e 1.600 €/m2, o orzamento de licitación ascendería aos 694.880 euros. O custo para o primeiro ano sería o correspondente á redacción do proxecto. Agradecemos a túa achega nos Orzamentos Participativos e esperamos contar coa túa colaboración na vindeira edición.

colexios - reparación espazo cultural

Comentarios (3)


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.