A Porta Aberta

Regresar á CIUDAD PUERTO Concurso de Ideas para o Porto - votación e debate - Comunidade de debate

Espazos para deportes "minoritarios". Complementar a oferta da cidade aproveitando os miles de metros cadrados dispoñibles.

tomilegido tomilegido  •  26/03/2019  •    Sen comentarios

Gostaríame que se discuta sobre a importancia de integrar nesta área da cidade espazos para a práctica deportiva de dous deportes en concreto que a cidade semellou esquecer e alonxar do perímetro urbano: Atletismo e rugbi. Poder disfrutar nun mesmo estadio deses dous deportes sería un polo de atracción para moitas persoas. Nunha localidade do sur de Galicia existen unhas pistas de atletismo abertas, como quen vai a dar un paseo a un parque. E se iso se cuida e se complementa cun campo de herba natural para o Rugbi (non teño que citar o grande éxito deste deporte a nivel feminino que acaba de regalarnos o CRAT) sería saldar unha débeda histórica con dous deportes moi visuais. Cunha grada que teña debaixo espazos para vestiarios e tamén para outros deportes como ping ping, badmintong, zona para o xadrez, un espazo de encontro/cafeteria... Tamén hai un claro déficit na cidade de pistas públicas de ténis. Incluso, creo que so existe un espazo para skates, monopatíns e similares, deportes que requiren dun espazo específico e que atraen a un público xoven que moitas veces se sinala que están vivindo moitas horas cunha pantalla diante dos ollos. Ofrezamos alternativas. Grazas pola vosa atenión.

Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.