Na Coruña Contas

  • psanxiao
    psanxiao  •  Autor  •  19/09/2016 16:58:44

    Segundo o que pon no Informe de custo respecto do informe técnico, non se respetou a miña proposta. O que eu propoñía era un piloto de migración dos postos de funcionarios públicos, para levar a cabo unha posterior migración da administración no seu conxunto. A idea do piloto é identificar diferentes roles de usuarios dentro dos postos informáticos de funcionario e tamén identificar problemas derivados da migración. No seu informe técnico fálase de migrar os postos de uso público (biblioteca ou centro cívico). Estos non son postos de funcionario e pola súa natureza é imposible identificar roles de usuario. Se se queren migrar os postos de uso público xa hai un proxecto denominado Rede CeMIT, da Xunta de Galicia con case 100 aulas repartidas por toda Galicia nas que todos os equipos teñen o escritorio 100% con software libre. Pero como digo esta non era a idea da proposta, senón facer un piloto de migración do posto de funcionario.

    Sen respostas