Na Coruña Contas

  • ramon61
    ramon61  •  Autor  •  23/06/2016 11:26:59

    (2ª parte da resposta) ... tampouco entendo a tua frase (sendo como dis ser "inxenierio") de que “na zoa do Castillo... se colocou o aparcamento sobre as vías…” ¿Qué pasa que na universidade vos din que si algún compañeiro fai a chapuza do século parando en seco as vias, sen opción de modificar a "sartén" previa, vos non sodes quen de enmendala e ten que quedar así polos séculos dos séculos?

      • aleixo_varela

        Insisto : neste magnífico espazo para compartir ideas sobre a nosa cidade non teñen cabida as alusións persoales. Se vostede pretende que alguén tome en serio as súas intervencións, debería empregar un ton menos agresivo con xente que non coñece. Manteñamos as formas e centrémonos no asunto. O que estou a dicir en canto ao tema do aparcamento, é que cando o inminente plan de peonalización da cidade vella se materialice, haberá que meter os coches dos residentes nalgures. Situalos sobre as vías mortas non sei se é a mellor idea do século, pero tendo en conta a indispoñibilidade dos solares de Defensa, sí semella correcta no momento actual, pois non require mais inversión que o repintado. Se alguén ten unha idea máis brillante para resolver o problema a curto prazo, sen inversións faraónicas, que a comparta.

          • ramon61
            ramon61  •  Autor  •  23/06/2016 17:38:50

            Aleixo (disculpa o tono das anteriores intervencións que releido si, pode estar algo fora de sitio) recapacitando doume conta que o meu "recalentón" ven de cando dis cousas eu non sugiero e que considero mentira o desacertadas pola tua parte.
            O único que pido e que se repoña o tranvía turistico. Dous kilómetros, dez ou quince, os que se poidan, so eso. E a miña reaccion comenza cando ti dis a frase/sentencia de "Esa infraestructura abandoouse ... é "irrecuperable". Cando e perfectísimamente recuperable en prácticamente todo o seu recorrido.
            Agora prégosche que las a contestación sobre a Torre Eiffel que lle fago a Slamelof (creo)
            Utilizar as vias como aparcadoiros dos veciños da cidade vella sería como utilizar a Torre Eiffel de trasteiro namentras os parisinos se mudan de barrio, por obras.
            E os cartos que se poidan gastar no tranvía esplicoo no enlace que envié que os coruñeses somos quen de pagar o mantemento da Cidade da Cultura sen rechistar mentas protestamos polo tranvia

            Sen respostas