Na Coruña Contas

  • ramon61
    ramon61  •  Autor  •  21/06/2016 23:40:51

    ¿Ti es inxenieiro? E si o es ¿Estudiaches a fondo a afirmación que fas?
    Na miña opinión (creo que igual de cualificada que a tua) a infraescturtura e totalmente recuperable, incluidos os dous kilometros de catenarias que "misteriosamente desapareceron" no reinado de Negreira (e que alguén de este goberno debería preguntarlle onde van esas toneladas de cobre que desmantelaron dende a Torre de Hercules e o Castelo de San Antón) que suspendeu o recorrido do tranvía "durante uns meses pra revisar a sua seguridade" enganando vilmente a todos os coruñeses con dita escusa.

      • aleixo_varela

        Acertaches a miña formación, pero só é necesario remitirse á información dispoñible para dar base a esa "irrecuperabilidade" (en termos económicos, claro). En 2014 o propio concello valorou en dous millóns de euros o custo de reparar o recorrido San Antón-Torre Hércules. Aquí proponse recuperar o recorrido completo, polo que o custo, a día de hoxe, é lóxicamente moi superior a esa cifra, e non encaixaría neste programa de propostas. Seguindo coas comunicacións da corporación actual, ésta desbotou recuperar o tramo Hércules-San Antón, precisamente pola cuantiosa inversión necesaria, entre outras dificultades (a peatonalización inminente e reorganización da cidade vella colocou o aparcamento sobre as vías, ante a evidente falta de espazo). Como nova positiva, o concello sí está a valorar o tranvía entre Riazor e a Torre, ó ser a infraestructura máis sinxela e mellor conservada (300.000€ de inversión recente). O informe de viabilidade encargado a Tranvías será decisivo para o proxecto.

          • ramon61
            ramon61  •  Autor  •  23/06/2016 11:17:24

            Pois mira, eu non son enxeñeiro, pero saquei matrícula de honra na universidade de Don Pero Grullo.
            O que dis agora non e o que dicías antes, reléete: "Xa non queda NADA que aproveitar",.
            Eu non pretendo como algúns iluminados da esquerda de este país, mudar do negro o branco dun dia para outro, nin exixo que a desfeita de Negreira de haber desmantelado e abandonado a riqueza do tranvía turístico para a cidade (mil veces mais efectivas que encher a cidade de lonetas en canta farola hai e colocar unha lona distinta cada sema ca reivindicación que sexa tapando a faciana o Axuntamento, pra disgusto dos turistas) sexa reparada antes do San Xoan (como prometeu Negreira no seu primeiro ano de mandato para despois cargárseo).
            Váleme con un pasiño, logo outro despois o seguinte, coma os nenos que empezan a camiñar e recuperar a riqueza que aporta o tranvía a corto medio e longo prazo (un, catro ou oito anos).

              • aleixo_varela

                Eu doulle varias voltas ás cousas antes comentar. Semella que aínda non quedou claro que falamos sempre de diñeiro; bueno, pior: de diñeiro público e limitado. Non sei se o señor Amancio Ortega tería liquidez de abondo para recuperar o Titanic do leito mariño (agardo que se me perdoe a comparación), pero como di o anuncio do cuponazo da ONCE, "eso no suena barato". Claro que se pode reinstalar o tranvía na Coruña, pero ¿a qué prezo? Dende logo, moi superior a estes orzamentos participativos. ¿E cal sería o custo de oportunidade de dito investimento? Verdadeiramente hai moito que reflexionar antes de premer "Publicar resposta".

                Sen respostas
          • ramon61
            ramon61  •  Autor  •  23/06/2016 11:26:59

            (2ª parte da resposta) ... tampouco entendo a tua frase (sendo como dis ser "inxenierio") de que “na zoa do Castillo... se colocou o aparcamento sobre as vías…” ¿Qué pasa que na universidade vos din que si algún compañeiro fai a chapuza do século parando en seco as vias, sen opción de modificar a "sartén" previa, vos non sodes quen de enmendala e ten que quedar así polos séculos dos séculos?

              • aleixo_varela

                Insisto : neste magnífico espazo para compartir ideas sobre a nosa cidade non teñen cabida as alusións persoales. Se vostede pretende que alguén tome en serio as súas intervencións, debería empregar un ton menos agresivo con xente que non coñece. Manteñamos as formas e centrémonos no asunto. O que estou a dicir en canto ao tema do aparcamento, é que cando o inminente plan de peonalización da cidade vella se materialice, haberá que meter os coches dos residentes nalgures. Situalos sobre as vías mortas non sei se é a mellor idea do século, pero tendo en conta a indispoñibilidade dos solares de Defensa, sí semella correcta no momento actual, pois non require mais inversión que o repintado. Se alguén ten unha idea máis brillante para resolver o problema a curto prazo, sen inversións faraónicas, que a comparta.

                  • ramon61
                    ramon61  •  Autor  •  23/06/2016 17:38:50

                    Aleixo (disculpa o tono das anteriores intervencións que releido si, pode estar algo fora de sitio) recapacitando doume conta que o meu "recalentón" ven de cando dis cousas eu non sugiero e que considero mentira o desacertadas pola tua parte.
                    O único que pido e que se repoña o tranvía turistico. Dous kilómetros, dez ou quince, os que se poidan, so eso. E a miña reaccion comenza cando ti dis a frase/sentencia de "Esa infraestructura abandoouse ... é "irrecuperable". Cando e perfectísimamente recuperable en prácticamente todo o seu recorrido.
                    Agora prégosche que las a contestación sobre a Torre Eiffel que lle fago a Slamelof (creo)
                    Utilizar as vias como aparcadoiros dos veciños da cidade vella sería como utilizar a Torre Eiffel de trasteiro namentras os parisinos se mudan de barrio, por obras.
                    E os cartos que se poidan gastar no tranvía esplicoo no enlace que envié que os coruñeses somos quen de pagar o mantemento da Cidade da Cultura sen rechistar mentas protestamos polo tranvia

                    Sen respostas