Na Coruña Contas

  • alehop
    alehop  •  Autor  •  29/05/2017 18:25:53

    Doute a razón: O proxecto é grande, pero penso que a necesidade e as ventaxas tamén. O proxecto de bici-coruña ó principio tamén comezou como algo pequeniño, e agora cada vez é máis a xente que se anima a usalo, e aínda serían máis si os desprazamentos foran seguros.
    Como cidadáns , esta plataforma usámola para plantear as carencias ou o que botamos en falta na cidade, Se é viable ou non, e de cómo se vai levar a cabo se se leva, estudar qué rutas serían óptimas para comunicar a cidade, en cales sería máis económico ou necesario, por qué zonas sería máis doado comezar; xa non é competencia do cidadán de a pe (ou de a bici, neste caso, jajajaj). Pero sí penso que é importante ter unha idea xeral de cómo sería o plan completo incluíndo tódolos puntos da Coruña para facelo ben dende o primeiro metro do carril.

    Sen respostas