Na Coruña Contas

  • anxo_gz
    anxo_gz  •  Autor  •  16/05/2017 10:26:06

    Ola novamente, sei da zona que falo, estamos de acordo en priorizar aos peóns, o de que é unha zona residencial é unha escusa como outra calquera, os do centro tamén poden poñer e poñen que é unha zona comercial, e non hai espazos para que os residentes aparquen. Como por exemplo a zona da cidade vella, tamén poñen a escusa de que é unha zona residencial, pero penso que iso non é escusa para non facela peonil. Xa sei que é moi cómodo o de poder aparcar na porta da casa, pero temos que concienciarnos que non é posible que todos, salvo como dis tí, que teña garaxe, poidamos aparcar a porta da casa. Moitas cidades xa teñen zonas de aparcamento na periferia dos barrios, mentras os barrios son peonís, entón teremos que saber priorizar que queremos, rúas con coches onde poidamos aparcar como queiramos e onde queiramos, por estar preto da porta ou rúas máis humanizadas. Co tema do transporte tes razón, que nin falar que as liñas 5 e 23 Cabana ou 21 e 23A Martinete son malas e insuficientes.

    Sen respostas