Na Coruña Contas

  • aleixo_varela

    ¿Podes explicar un pouco máis cómo ou onde se gañaría superficie para os peóns? Non o termino de ver.

      • lrf
        lrf  •  Autor  •  11/05/2017 18:50:24

        Ola,
        Actualmente dende a metade do Cantón Pequeno, á altura da libraría, ata o propio cruce, existe un terceiro carril en sentido entrada da cidade, que ten como única finalidade o xiro á esquerda en rúa nova.
        Toda esa superficie podería servir para ampliar as aceras, a mediana, crear un carril bici, o uso que mellor se pense. Son case 300 metros lineais, que serían uns 1000 m2 de superficie libre.
        O que está claro que como vial non é necesario, e máis, eu penso que con un só carril por sentido sería suficiente dende a praza de Mina en todo o Cantón.

          • aleixo_varela

            Un breve comentario sobre hipotético carril único que comentas: pasar de tres a dous carrís por sentido entre rúa Nova e P. Mina, é "asumible". Pero pasar a un único carril xa non o é. O gran volume de autobuses circulante (e máis haberá cos inminentes metropolitanos), coas súas correspondentes paradas, é un dos principais motivos que o impiden. No se pode reproducir o crime perpetrado en Av. de Oza ou sobre todo rúa Beiramar, onde a estreitez esaxerada impide incluso que o transporte público poida rebasar a un simple ciclista, ou calquera atranco maior. Un taxi deixando pasaxeiros; unha máquina de limpeza viaria ou un camión de reparto son elementos cotiás que xa agora están obrigados a ocupar un carril para cumplir o seu cometido, posto que en todo ese recorrido non hai nin un só metro de espazo reservado polo Concello para facelo legal e ordenadamente. Se temos todo isto en conta, as consecuencias do carril único son sinxelas de imaxinar.

            Sen respostas