Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Propostas de investimento non viables: Distrito 8

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
continuidade_carril_bici.jpg

Continuidade carril bici

25/09/2022  •  U  •  Distrito 8

Propoño realizar un pequeno tramo de carril bici para facilitar entrada/saída no tramo actual.

camiño stgo

Camiño de Santiago. Recuperar o percorrido de principios de século

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

O Camiño de Santiago atravesaba Eirís. Era o Camiño de Eirís. Partía da Estrada de Eirís, entraba en Eirís de Abaixo, pasaba pola Fonte dos Caños, pola casa de Xosé Lesta Meis, subía cara MonteMero, e baixaba a Pedralonga. E así figuraba nas escrituras das fincas colindantes, como Camiño Real.

Tiñamos as cunchas oficiáis sinalizándoo, e as flechas amarelas pintadas nos postes indicando a ruta.

Pero coas obras do Parque Ofimático apareceron na Estrada de Eirís uns carteis coa lenda de "Desvío provisional do Camiño de Santiago". Anos despóis a Xunta modificouno, e logo as excavadoras fixeron o resto, arrasando o Camiño, incomunicando parte do barrio, substituíndoo por unhas escaleiras imposibles. 

En outros lugares protexen o Camiño de Santiago e o entorno, aquí cambiano de sitio para especular cos terreos. 

Agora a parcela o antigo tramo é propiedade do Concello.  E solicitamos que o habiliten de novo como Camiño, e poder tamén recuperar o Camiño de Santiago, con un percorrido ben máis amable que a actual avenida de Monelos, Estrada de Eirís, e Avenida de Montserrat.

 

Facer un tramo da Rúa Roma de sentido único

26/09/2022  •  henrique  •  Distrito 8

O acceso aos colexios Andaina e Coruña British International School está normalmente colapsado nas horas de entrada e saída debido á cantidade de coches que acceden a través da Rúa Roma nos dous sentidos. No tramo diante desde segundo colexio, o atasco prodúcese debido a que os coches entran dentro do colexio, onde o espazo é moi limitado, para recoller á cativada formando unha cola que se estende até a estrada, bloqueándoa. Nesta cola, os coches que veñen de Andaina non poden adiantar porque bloquearían aos coches que veñen en sentido contrario.

Propoño que o tramo que vai desde Andaina até o Coruña British International School se faga de sentido único sendo unicamente posible circular en dirección á Avenida de Nova York en horario escolar. Isto podería implementarse poñendo unha sinal vertical de prohibido o paso, cunha indicación do horario habitual de entrada nos colexios: 8:30-9:30.

Carretera chea de lixo, deposicións e necesitada de asfaltado

Mellora na Rúa Río de Quintas

18/09/2022  •  Noemí  •  Distrito 8

Mellora do asfaltado na Rúa Río de Quintas, poñendo algunha papeleira. A zona está toda sucia, e chea de deposicións dos cans. 

bancos Xuxán

Facilitar a vida e o paseo: Papeleiras e bancos en Eirís e Xuxán

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Consideramos importante ese espazo sexa humanizado, xa que xa é o acceso para moitas vivendas novas, e para moitas preexistentes que conviven cos novos espazos, ademáis dun colexio, sen esquencer que é e seguirá sendo zona de paseo.

Dende que se abreu o paso para peóns por parte da zona colindante entre Xuxán e Eirís de Arriba, entre a Estrada de Eirís ata a zona de Montemero, O Foxo e Elviña, é unha zona habitual para moita xente que busca zonas tranquilas para pasear.

Pero ademáis cada día son máis as persoas que viven alí.

Entre toda esa xente, moitas son persoas maiores, que agradecerían ter bancos nos que poder sentarse. Nomeadamente en tódalas escaleiras que comunican Xuxán con Eirís de Abaixo, e internamente.

Polo mesmo motivo, nunha zona tan grande, non hai ningún sitio no que tirar o lixo, e tanto a xente que ven pasear como a veciñanza quixeramos que estivese limpo.

Modelo parque

Zona xogos infantes Parque Eiris

19/09/2022  •  2b529c64-7e90-45ed-8823-f85598cd997d  •  Distrito 8

Aumentar ou crear unha nova zona de xogos infantis para nenos que comprenda unha horquilla mayor de idades. Por exemplo con pirámides de escalada, castelos con tobogáns en espiral, ...

lamadosarotonda.JPG

Paso de peóns elevado na Avenida Lamadosa

19/09/2022  •  ddgrandio  •  Distrito 8

O parque de Eirís e o Centro Cívico do barrio son seguramente os equipamentos con máis usuarios do barrio. A comunicación peonil entre eles podería mellorar notablemente coa execución dun paso de peóns elevado na outra marxe da rotonda da Avenida Lamadosa, dando unha conexión directa, sinxela e accesible aos máis maiores e aos máis pequenos.

Arreglar carreteras sin asfaltar,de Castro y Elviña

19/09/2022  •  BLZ  •  Distrito 8

En el Castro de Elviña, hay una serie de carreteras que están mal asfaltadas y que dificultan el tráfico de vehículos y de viandantes. Por ello, considero que es necesario una partida presupuestaria para arreglar varias de las carreteras que están en la zona del Castro.

Paso de peóns elevado

Pasos de peóns elevados en Javier López López

25/09/2022  •  Xerión  •  Distrito 8

Instalación de pasos de peóns elevados na rúa Javier López López, de forma que se axude a reducir a velocidade coa que os vehículos circulan nunha vía na que a súa pendente anima a moitos conductores a exprimir ao máximo os motores dos seus vehículos, poñendo en perigo a seguridade dos peóns.

Screenshot_20220926-172607_Google.jpg

Reforma campo de fútbol Eiris

26/09/2022  •  Lalora  •  Distrito 8

Poner el campo de tierra de eiris de hierba artificial sobre todo por invierno que en Galicia llueve mucho.