Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

Propostas de investimento non viables: Distrito 8

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Estreito

Ampliación da beirarúa na Canteira de Eirís - Camiño de Santiago

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Na avenida de Monelos, no tramo que vai dende o número 217 ata o 221 da mesma, hai un estreitamento da beirarrúa que fai que non se poidan cruzar dúas persoas, e que as cadeiras de rodas teñan que circular pola calzada.

- É Camiño de Santiago. Da pena ver pasar xente coas mochilas polo asfalto porque non lles caben.

- Por aí baixan e suben centos de coches do CHUAC a diario, e en época escolar súmase o incremento de vehículos en entrada e saída por desprazamentos a escolas.

-A escasos metros está a parada do bus de varias escolas, e é unha zona bastante transitada.

- A beirarrúa de enfronte que ven dende a subestación de Fenosa está sen rematar a esta altura, polo que é obrigatorio para subir ou baixar por esa zona ir por ese tramo de beirarrúa tan estreito.

- No centro da vía hai unha illa que ocupa un espacio estéril. Todo isto é caldo de cultivo para que haia moitos sustos entre coches e peóns, e ten habido xa varios atropelos e choques.

SOLICITAMOS que se amplíe esa beirarrúa  sobre o asfalto, e que se amplíe o asfalto polo lado de enfronte, polo fermoso arcén que hai sen uso do outro lado da rúa E que se habilite a beirarrúa de enfronte ata o paso peonil.

Esta é a localización exacta do estreitamento: https://www.google.es/maps/place/Renior+Eletr%C3%B3nica/@43.3429566,- 8.3974609,3a,75y,159.81h,77.66t/data=!3m6!1e1!3m4!1sOrhkXYWrLdfPzMQPgZV-fg!2e0!7i16384! 8i8192!4m5!3m4!1s0xd2e7ca75ca06631:0x59204eb422a38c96!8m2!3d43.3426766!4d-8.3971016? hl= gal

fonte

Recuperación da Fonte dos Caños en Eirís de Abaixo/Xuxán: Patrimonio en perigo.

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Un dos simbolos históricos de Eirís, xunto co Castelo, ou Fortaleza de Valparaiso, é a Fonte dos Caños. 

Fonte moi antiga, e de auga moi sabedora, que durante anos suministrou de auga potable a xente de boa parte da cidade, que se achegaba a recollela en garrafas. Corría todo o ano.

A partires do 1992, cando nos instalaron o alcantarillado en Eirís de Abaixo, e o posterior asfaltado do camiño que pasa pegado a ela, foi perdendo forza... e auga. 

E dende o inicio das obras do Parque Ofimático, está afogada entre restos de obra e unha beirarúa. 

Como fonte antiga, fermosa, e catalogada, solicitamos ó Concello que rehabilite a Fonte dos Caños e o seu entorno, devolvéndolle o seu valor histórico e devolvéndonos á veciñanza un espazo tan querido. Poñela de novo en valor como merece.

Fonte que ademáis ben pode ser un dos símbolos de Xuxán, que é un barrio novo, pero que conta con esta maravilla no seu linde coa zona máis antiga de Eirís de Abaixo.

Pergola no Parque de Oza

18/09/2022  •  psexto  •  Distrito 8

El parque de Oza es un lugar fundamentalmente de paseo (a pié, en bici o con el perro). En toda la extensión del parque no existe una zona que permita protegerse cuando llueve, lo que ocurre con cierta frecuencia.

Propones una pergola para que los dias que llueve los vecinos puedan protegerse de la lluvia

Bici Coruña no barrio de Pedralonga/Cidade das TiC

14/09/2022  •  2248c8dd-d33e-4ac5-a1ff-af8bd230b660  •  Distrito 8

O barrio de Pedralonga non ten acceso ás estacións de Bici Coruña nas súas proximidades polo que se propón a instalación dunha estación Bici Coruña na zona da Fábrica de Armas. A instalación nese punto estaría máis que xustificada coa inminente chegada da Cidade das TIC. 

Parque biosaudable de Palavea

RENOVACIÓN E MELLORA DAS MÁQUINAS DO PARQUE BIOSAUDABLE DE PALAVEA

12/09/2022  •  Álvaro_AVOsnososlares_Palavea  •  Distrito 8

Demándase a renovación da dotación actual do parque biosaudable de Palavea, sito na praciña Padre Busto, xa que cada ano o seu estado é cada vez máis precario, precisa renovación e mellora.

Facer unha rotonda para entrar ao campus da Zapateira

26/09/2022  •  henrique  •  Distrito 8

Facer unha rotonda para entrar ao campus da Zapateira desde a Avenida de Nova York podería axudar a evitar atascos, especialemente polas manás, nas rotondas desta avenida á altura da terceira ronda.

ESTACIÓN BICICORUÑA NA ENTRADA DA PONTE DA PASAXE

14/09/2022  •  florblanco  •  Distrito 8

Unha estación de BiciCoruña nas Xubias, á altura da glorieta da Ponte da Pasaxe facilitaría a súa utilización para os que traballan na área metropolitana, nas zonas de Perillo ou O Burgo.

Conexión_hospital.jpg

Conexión CHUAC con Avenida Monelos

15/09/2022  •  U  •  Distrito 8

Propongo continuar la "Rúa Inés de Ben", urbanizando la zona y alineando la calle con "Rúa A Calexa", creando así una calle que dé mejor acceso al hospital, incluyendo aceras y carril bici.

biosaudable

Parque Infantil + Zona Biosaudable no alto de Eirís e Xuxán

26/09/2022  •  monicaeiris  •  Distrito 8

Dende o Parque que hai sobre o túnel de Eirís ata Fonteculler non atopamos ningunha zona biosaudable, con aparellos para facer ximnasia ó aire libre en calquera momento. E case ocorre o mesmo cos parques infantís. Esta zona máis rural ten moitas cousas pendentes, estas 2 son parte delas.

Tanto pola idade da poboación (persoas maiores, moitas veces con nenos e nenas ó seu cargo durnte o día) como por ser unha zona que escolle moita xente para pasear, consideramos que debera haber unha zona destas características no alto de Eirís.

A localización deixámola a elección do Concello, sempre e cando cubra a zona na que se carece do servizo.

Estación BiciCoruña en Palavea-Sta Gema

12/09/2022  •  jon.war  •  Distrito 8

Os barrios de Palavea e Santa e Xema non teñen acceso a estacións de Bici Coruña nas súas proximidades polo que se propón a instalación dunha estación Bici Coruña na zona.