Na Coruña Contas

Volver

Instalar un aseo público cerca das hortas municipáis de Eirís, Parque de Eirís

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

aseos
aseos

Código proposta de investimento: 4274

Dende a apertura da eco-horta urbana de Eirís, “Leira das Freces”, no verán de 2018, as persoas usuarias da mesma, e a asociación que constituiron posteriormente, teñen solicitado reiteradamente á Concellaría de Medioambiente a instalación dun baño no entorno da horta.

 

A solicitude é principalmente para uso das persoas usuarias das hortas, aínda que tamén daría servizo a unha parte importante do Parque de Eirís, á zona de skate-park, e á do canil, polo que a

instalación sería ben recibida no espazo próximo ás hortas, chan e accesible para os equipos de mantemento.

 

É unha zona de difícil acceso, por estar no medio dunha importante pendente que ademais esvara, sen varanda nin punto de apoio nin descanso, e a idade media das persoas que as cultivan é elevada, polo que resulta máis complicado subir a pendente. O factor da idade fai que a frecuencia na necesidade de uso do baño sexa maior, e fai que teñan que saír buscar un bar cada 2 horas, co gasto que supón. Máis complicado aínda no caso das mulleres, que en caso de apuro non teñen máis opción que subir ata a praza de Pablo Iglesias, que é onde se atopa o primeiro local con aseo de acceso público (un bar). E lembremos que o factor da idade e/ou incapacidades era tido en conta nas solicitudes (pensionistas).

 

Quixeramos sinalar tamén que hai un agravio comparativo con respecto ás usuarias das hortas do Ágora, por exemplo, que teñen a menos de 15 metros un edificio público con acceso aberto a un

aseo público. Sin esquecer que a localización exacta das hortas foi decisión do Concello, polo

que debe tentar paliar o máis posible as consecuencias da mala accesibilidade das mesmas.

 

Aseos que foron solicitados en Xullo pola AAVV de Eirís, pero tamén polas do Castrillón, Os Castros e Monelos, zonas de procedencia da maioría das persoas usuarias das hortas.

 

Que se instale urxentemente un aseo nas inmediacións das hortas municipáis de Eirís,

en coordinación coas usuarias da mesma directamente ou a través da súa asociación veciñal.

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos