Na Coruña Contas

Volver

Facilitar a vida e o paseo: Papeleiras e bancos en Eirís e Xuxán

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

bancos Xuxán
bancos Xuxán

Código proposta de investimento: 4258

Consideramos importante ese espazo sexa humanizado, xa que xa é o acceso para moitas vivendas novas, e para moitas preexistentes que conviven cos novos espazos, ademáis dun colexio, sen esquencer que é e seguirá sendo zona de paseo.

Dende que se abreu o paso para peóns por parte da zona colindante entre Xuxán e Eirís de Arriba, entre a Estrada de Eirís ata a zona de Montemero, O Foxo e Elviña, é unha zona habitual para moita xente que busca zonas tranquilas para pasear.

Pero ademáis cada día son máis as persoas que viven alí.

Entre toda esa xente, moitas son persoas maiores, que agradecerían ter bancos nos que poder sentarse. Nomeadamente en tódalas escaleiras que comunican Xuxán con Eirís de Abaixo, e internamente.

Polo mesmo motivo, nunha zona tan grande, non hai ningún sitio no que tirar o lixo, e tanto a xente que ven pasear como a veciñanza quixeramos que estivese limpo.

Localización: Eirís de abaixo, Xuxán...

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

A súa proposta foi calificada como inviable pois xa está en marcha coas obras de urbanización.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos