Na Coruña Contas

Volver

Protección e Restauración do chamado "Castelo de Eirís" ou "Forte de Valparaíso"

monicaeiris monicaeiris  •  26/09/2022  •  Distrito 8  • 

Castelo en perigo
Castelo en perigo

Código proposta de investimento: 4252

O chamado "Castelo de Eirís" ou "Forte de Valparaíso", cenario dos principais fitos historicos desta cidade dende época romana, leva esmorecendo moitos anos. Cada ano os muros son máis baixos, e ata hai nada había a diario xente xogando a trepar por eles, aumentando o deterioro. 

 

Na imaxe podese ver que a falta de protección e de posta en valor facilita o mal uso e destrucción do mesmo.

A última campaña arqueolóxica descubriu que todas as dovelas do arco de acceso están en perfecto estado, e o Concello ten moitas das pedras que faltan na súa custodia. Van varios amagos de conservación, que de pouco serve xa que o abandono posterior desfai o traballo, convertindo a inversión en gasto.

Entendemos necesario abordar dunha vez a restauración e protección definitiva da insigne construción. Tamén é preciso un control social ca finalidade de minimizar a degradación e levar a cabo labores de interpretación: pola súa proximidade ó Camiño Inglés e polo valor material e inmaterial deste fito historico.

A súa interacción na paisaxe urbana pode potenciarse ca iluminación nocturna aproveitando de novo este recurso como elemento de apoio de control e para distintas visitas guiadas nocturnas.

Localización: Parque de Eirís

Proposta en nome de: AVV EIRÍS

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos