Na Coruña Contas

Volver

Conexión dos carriles bici por rúa Alta e rúa Nova

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 1  • 

Código proposta de investimento: 4112

Cómpre tecer a malla ciclista para dar servizo a usuarias de bici / VMP.

Actualmente, para poder acceder/abandonar o carril bici do Paseo Marítimo implicaría invadir o carril runner e incorporarse á circulación por calzada, e non todxs xs usuarixs teñen a autoconfianza como para circular por unha vía na que os coches alcanzan velocidades moi por encima do máximo permitido.

Propoñemos que se conecten as infraestruturas ciclistas, aproveitando unhas rúas estreitas, máis amables e humanas, resolvendo a incorporación / abandono do Paseo Marítimo có Obelisco por Rua Alta e Rua Nova.

Localización: Rua Alta

Proposta en nome de: Mobi-Liza

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable por estar xa pendente de execución, ao resultar gañadora do programa de Orzamentos Participativos en pasados exercizos. Neste momento está xa ultimándose o proxecto.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos