Na Coruña Contas

Volver

Barras aparcabicis / VMP nas proximidades dos pasos de peóns

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Toda a cidade  • 

R.00b29a61fc4206747532339f4f97fdfc.jpg
R.00b29a61fc4206747532339f4f97fdfc.jpg

Código proposta de investimento: 4100

Co fin de mellorar a visibilidade en cruces e nos pasos de peóns, dende Mobi-liza propoñemos a colocación de aparcabicis nas súas proximidades.

Por exemplo, propoñemos a colocación dun aparcabicis na intersección entre Ramón y Cajal e Avenida de Oza (na beirarrúa da churrería El Timón), xa que habitualmente aparcan coches de maneira irregular diante da praza reservada para persoas con mobilidade reducida, restando visibilidade no cruce e poñendo en perigo aos peóns e persoas usuarias de bicicleta e VMP.

Esta medida pode ser replicable en moitos máis cruces e interseccións de toda a cidade.

Localización: Propoñemos un exemplo, pero pode aplicarse a calquera cruce da cidade

Proposta en nome de: Mobi-Liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos