Na Coruña Contas

Volver

Pasos de peóns elevados en Pocomaco

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  24/09/2022  •  Distrito 9  • 

Paso de peóns elevados
Paso de peóns elevados

Código proposta de investimento: 4097

O polígono de Pocomaco é un espazo tremendamente hostil para o peón, sen beirarrúas, con escasos pasos habilitados para cruzar a calzada... Dende Mobi-liza cremos que co fin de avanzar na seguridade e na agradibilidade do espazo para o peón, sería preciso cando menos a creación de novos pasos de peóns e que estes sexan elevados, de forma que reduzan a velocidade dos vehículos. Ademais, deste xeito, garantirase o respecto do límite de velocidade (30 km/h).

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

Esta proposta non é viable porque non é competencia do Concello da Coruña, posto que trátase dun polìgono de titularidade privada.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos