Na Coruña Contas

Volver

Rampla entre Falperra e Ronda de Nelle números pares

xosemalonso xosemalonso  •  20/09/2022  •  Distrito 4  • 

Rampla Falperra Ronda de Nelle pares
Rampla Falperra Ronda de Nelle pares

Código proposta de investimento: 3998

Entre a Falperra e a Ronda de Nelle no lado de subida existen escaleiras pero non unha rampla pola que poidan acceder persoas con mobilidade reducida ou carritos de bebé.

Hai unha parada do bus liña 12 (MATERNO / CHUAC - OS ROSALES) ao pé desas escaleiras; pero para chegar a ela dende a Falperra en cadeira de rodas (p ex.) hai que cruzar a Ronda de Nelle pola pasarela existente; subir ata o semáforo; cruzar de novo a ronda; baixar ata a parada.

Percorrido longo e costaneiro (liña vermella da imaxe).

De existir a rampla (liña verde da imaxe) facilitaría moito a mobilidade a todas as persoas que xa de por sí teñen dificultades; mellorando así a súa calidade de vida

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos