Na Coruña Contas

Volver

Zona Canina praia Riazor

8c9b2e60-0ab1-4213-b74e-50d5279293e3 8c9b2e60-0ab1-4213-b74e-50d5279293e3  •  16/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3896

O proxecto consistirá na acotación dun espazo no areal do Orzán, durante o verán, no que estea permitido o acceso de mascotas sen correa.

A existencia dun gran numero de mascotas na nosa cidade fai necesario habilitar unha zona no areal urbano que permita o seu acceso durante todo o ano, incluindo os meses de verán. Para evitar problemas de convivencia cos reacios a convivencia con mascotas, este espazo estará debidamente acotado, sinalizado e contará cos servizos necesarios.

Concellos como Vigo, Cabanas, Redondela, Pobra do Caramiñal, Vilagarcia ou o Grove, entre outros, fixeron realidade este tipo de demandas con gran exito entre a sua poboación e o turismo estival.

No caso da Coruña, o inmenso e céntrico areal do Orzán podrería ser o sitio perfecto para habilitar unha zona de este tipo. Aproveitando o acceso á praia pola zona do espigón (un espazo que xeralmente está vacío de usuarios debido á sombra xerada polo propio espigón) xa podería marcar o acceso para as persoas acompañadas polas suas mascotas. Tendo en conta que as mascotas deberían estar acompañadas en todo momento a unha distancia prudencial pola seus donos, a valla que delimitas ámbalas zonas non debria ser excesivamente alta e podería ser móbil nunha das suas partes para facilitar a entrada da maquinaria do servizo de limpeza.

Por outra banda este espazo requeriría a redaccion dunha normativa ou ordenanza municipal que regule o uso correcto do mesmo, asi como as consecuencias do seu incruprimento.

Localización: Espigon praia de Orzán

Documentos (1)

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque non é un investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos