Na Coruña Contas

Volver

Ordenación do tránsito de bicicletas

mlausan mlausan  •  16/09/2022  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3879

Actualmente as bicicletas e os patinetes eléctricos transitan non só polo carril - bici ou pola calzada senón que tamén utilizan sistematicamente as zonas de uso peonil, as beirarrúas. Nalgúns casos isto é debido a un uso compartido establecido así polo Concello no que o peón ten prioridade, pero noutros moitos, tanto as bicicletas como os patinetes eléctricos circulan polos espazos polo que só deberían transitar peóns, co que se xera un risco para o peón. 

É necesario ordenar este tráfico e delimitar claramente aquelas zonas polas que poden transitar as bicicletas e os patinetes eléctricos, e que, en ningún caso, supoñan risco para o peón.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Guille97

    El problema, en mi opinión, es que las normas de circulación para bicicletas junto al pobre acceso a varias zonas de la ciudad que proporcionan los carriles bici actuales no proporcionan, ni de cerca, unas condiciones seguras para desplazarse en bici sin que sea ir por el paseo marítimo. A varios amigos y amigas con los que he circulado en bici por la ciudad les aterra tener que hacer un tramo (aunque sea pequeño) por carretera. Es un peligro muchísimo mayor que el de pasear por una acera por donde igual pasa una bici. Una solución puede pasar por quitar carriles de coche y hacerlos carriles bici o hacer más zonas mixtas de peatones~ciclistas

    Sen respostas
  • mlausan
    mlausan  •  Autor  •  30/09/2022 18:18:19

    Na cidade, a velocidade máxima para circular oscila entre 30 e 50 km/h. E está última, está limitada á existencia de varios carrís. Cando fala de accidentes, non indica onde e cando se produciron. Creo que vostede Argos_DeCore está a faltar de accidentes mortais que ocurriron fóra do ámbito desta cidade, xa que non da datos numéricos, e eu falo dos riscos que xurden se os ciclistas circulan polos mesmos espazos que os peóns. E cada vez haberá máis bicis eléctricas, que acadan maior velocidade sen esforzo para o ciclista.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos