Na Coruña Contas

Volver

Paseos e zona de esparexemento desde Pedralonga á carretera A Pasaxe/Xubias

2248c8dd-d33e-4ac5-a1ff-af8bd230b660 2248c8dd-d33e-4ac5-a1ff-af8bd230b660  •  14/09/2022  •  Distrito 8  • 

Zona proposta para área de paseo/esperexemento
Zona proposta para área de paseo/esperexemento

Código proposta de investimento: 3798

A parte de atrás do barrio de Pedralonga, onde se ubica o antigüo lavadoiro, é un erial sen orde nin concerto. Cheo de maleza a meirande parte do ano e, a pouco que se mire, cun gran potencial para a creación dunha zona de paseo que comunique Pedralonga e Eirís coa estrada de As Xubias (zona Materno Infantil-Sta María del Mar) e sirva, ao tempo, de área de esparexemento. 

O proxecto debería incluir a posta en funcionamento dun carril bici que comunique co que xa existe na Avenida da Pasaxe. 

Mellorarían os equipamentos e facilitaría, ao tempo, a mobilidade deste barrio tan alonxado e deficientemente comunicado. 

Localización: Pedralonga

Informe de inviabilidade

Esta proposta foi calificada como inviable porque o solo o que fai referencia está calificado como urbanizable.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos