Na Coruña Contas

Volver

RETOMAR Y TERMINAR EL PROYECTO DE LAS NAVES DEL METROSIDERO

nicarami nicarami  •  12/09/2022  •  Distrito 1  • 

Interior proyectado para una de las naves
Interior proyectado para una de las naves

Código proposta de investimento: 3704

QUE SON AS NAVES DO METROSIDERO?

As Naves de Metrosidero serán un equipamento público e cidadán. Un espazo plural, diverso e inclusivo para a mocidade da Coruña. Un espazo para sentirse parte, accesible e facilitador que acompaña ás persoas que están nese grupo de idade a desenvolver as súas inquedanzas creativas, produtivas, de investigación, de aprendizaxe e formación e lúdicas, tanto a nivel individual como a nivel colectivo.

Nave de actividades e ensaio: un espazo vinculado a actividades de ensaio, investigación, residencias artísticas, formación, produción, presentacións de ámbito escénico tales como circo, danza, teatro, música, poesía e outras relacionadas coas artes vivas, visuais e plásticas. Un espazo diáfano con luz natural e ventilación que podería escurecerse por completo. Teria una parrilla técnica no teito e potencia eléctrica suficiente para as actividades de artes vivas. Podería dispoñer de vestiarios completamente equipados. Espazos exteriores e de convivencia: funcionarían como espazos integradores, de encontro e transición, de uso común entre persoas con intereses diversos. Serían espazos dotados con conexión a internet e mobiliario versátil e móbil para poder adaptalos ás necesidades da mocidade e realizar diferentes tipos de actividades. O complexo disporía dunha estación de Bicicoruña e un aparcadoiro de bicicletas coa intención de favorecer o trasporte sostible. Estaría dotado tamén de espazos para hortas urbanas e a infraestrutura necesaria para a compostaxe.

Informe de inviabilidade

A proposta é inviable porque a súa execución superaría o límite máximo orzamentario destinado ás propostas de cidade, polo que non pode ser obxecto do programa de Orzamentos Participativos.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • angelamata

    Un equipamiento público muy necesario en el entorno de la ciudad vieja. Demasiado tiempo abandonado sin uso, no es un buen ejemplo para la administración tener sus instalaciones cerradas, paradas, nuevamente abandonadas, después de las inversiones y obras ya iniciadas en las Naves hace unos años. Ya toca poner este suelo en valor.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos