Resultados da busca
Hai 3 propostas de investimento que conteñen 'árbores'
PRANTAR ÁRBORES NA RÚA DA TORRE
03/10/2021 • • Distrito 2
A Rúa da Torre, entre o Campo de Marte e a Praza de España, trala última reforma dispón de beirarúas amplas acorde coa súa importancia como eixo comercial e de comunicación do barrio de Monte Alto. Nembargantes, ao contrario do resto da rúa, este treito carece de árbores, algo que melloraría a súa calidade urbanística e medioambiental, nun barrio xa de por si carente de espazos verdes.
HUMANIZACIÓN DA AVENIDA DE HÉRCULES
23/09/2021 • • Distrito 2
Humanización de toda a Avenida de Hércules con plantación de árbores en alcorques entre as prazas de aparcamento dos coches, da mesma maneira que na rúa Fernández Latorre.
Zonas verdes no Agra Do Orzán
22/09/2021 • • Distrito 6
O Agra do Orzán é o barrio máis deshumanizado de toda a cidade, con poucas árbores (e as que se retiran non se volven repoñer, como no cruce de Vila de Negreira con páramo) e ningunha zona verde, a pesar de ter un terreo enorme como o do observatorio e arredores. Quizais non se poida usar todo o terreo, pero seguro que outro moito si que poderá ter uso público.