Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 4

Propostas de investimento non viables: Distrito 4

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
ponte falperra

Mellora da iluminación na ponte peatonal da Falperra

04/10/2021  •  rgarcia  •  Distrito 4

Debido a frondosidade das árbores impide que a farola ilumine, sendo unha zoa de paso moi transitada a diario. Estaría ben unha poda das árbores e a instalación de mais puntos de luz

BANDAS RUGOSAS EN CALLE URUGUAY

20/09/2021  •  agustino  •  Distrito 4

Colocar bandas reductoras de velocidad en la calzada, en la calle Uruguay, a la altura del paso de peatones del acceso al Palacio de la Ópera, o bien hacer el paso de peatones elevado.

Es un punto peligroso para los peatones por la elevada velocidad que llevan los automóviles en ese tramo.

fb2de855b01498cb7066c0ef54b31e70.jpg

Poner en uso el quiosco de la escalinata de Santa Lucia

30/09/2021  •  Λlberto  •  Distrito 4

Estaría bien reinterpretar este quiosco tan emblematico y darle de nuevo uso con un proyecto como podría ser la reapertura de un quiosco-panaderia, baños publicos y punto de información, un local como el que se hizo con el quiosco de la plaza de orense con la asociacion Down, o incluso trasladando la taquilla de compra de entradas del quiosco de orense, para dejarle todo el espacio del quiosco de plaza orense a la actividad actual.

Rúa Vizcaya

Reforma da Rúa Vizcaya

03/10/2021  •  Marcos Pérez Pena  •  Distrito 4

A rúa Vizcaya, como moitas outras do barrio do Mallos, leva anos á espera de melloras, especialmente pensando nos peóns e -sobre todo- naqueles con máis dificultades de mobilidade, dende persoas maiores, en cadeira de rodas ou viandantes con carros de bebé. Cómpre unha reforma que amplíe o tamaño das beirarrúas, que na actualidade incumpren a normativa de accesibilidade, pois teñen unha anchura inferior a 1,80 metros.

A ampliación das beirarrúas debería ir acompañada do plantado de árbores entre a Praza de Monforte e a Avenida de Arteixo e podería aproveitarse para a reurbanización doutras rúas próximas que tamén incumpren a normativa de accesibilidade, como a rúa da Falperra (entre Ronda de Nelle e Rúa Noia) ou a Rúa Asturias, entre outras.

A Rúa Vizcaya funciona xa hoxe como unha vía de conexión entre a Praza Monforte (e por extensión os Xulgados e a zona de Cuatro Caminos) e a Avenida dos Mallos, a Avenida de Arteixo, o Parque de Santa Margarita e o conxunto do barrio da Sagrada Familia. Unha reforma que a convertese nunha rúa máis "paseable" e cómoda para camiñar e tamén para circular en bicicleta e VMP (grazas a unha mellora do firme e á limitación de velocidade), facilitaría a conexión entre barrios e achegaría o Parque de Santa Margarita a outras zonas da cidade. Sería unha oportunidade para estimular o actualmente degradado tecido comercial. Sería un bo complemento, finalmente, para a actual reforma do cruce entre Ronda de Nelle e Avenida de Arteixo, onde remata a Rúa Vizcaya.

Paso peatones en Antonio Viñes

Paso de Peatones en Antonio Viñes/Calle de la Paz

04/10/2021  •  cacu  •  Distrito 4

La calle Antonio Viñes es larga y con una pendiente muy acusada. Por su margen izquierda no tiene acceso a ninguna otra calle y por su margen derecha desembocan 4 calles; solo en la confluencia con la Falperra y la calle Asturias (ambas en sus extremos), hay pasos de peatones para cruzar Antonio Viñes. Esto, que pudiera no parecer importante, lo es y mucho, para las personas con movilidad reducida o con carritos de bebé, pues no hay que olvidar que es una calle con gran pendiente y los vecinos que viven en medio no pueden cruzar con seguridad si quieren ir a la calle de la Paz o a la calle Santander. Considero, pues, necesario contar con al menos un paso más de peatones en el cruce con la calle de la Paz, que es dónde comienza la pendiente más grande. A mayores de esta clara necesidad, propongo que en las esquinas y en la línea de aparcamiento, intercalados entre los coches y al lado de los contenedores, se planten algunos árboles que alegren la calle.

B1B06466-7A05-4EFA-883C-7E8FF6491AEF.jpeg

Unas porterías en la pista de la sagrada

27/09/2021  •  Burloncete  •  Distrito 4

La zona de la pista necesita unas porterías por que hay mucha gente que va jugar y solo hay canastas y tendrían que dividir para jugar bien todos.

Aparcamentos descontrolados

Humanización e reurbanización da rúa peonil Ángel Senra

27/09/2021  •  David Paz  •  Distrito 4

A peonalización da rúa Ángel Senra foi, no seu día (comezos de 2003), un dos avances de maior impacto socioeconómico no barrio dos Mallos. Así e todo, o proxecto sempre semellou máis ben unha "proba piloto", sen planexamento rigoroso nin afán de sustentabilidade, para despois desenvolver peonalizacións noutros barrios da cidade con moita maior seriedade e fundamentos técnicos (A Gaiteira, Beiramar...). En 2009 sufriu unha "remodelación" que afondou aínda máis na falta de previsión e criterio arquitectónico. O resultado é unha vía peonil que hoxe en día presenta serias deficiencias, resumidamente:

  1. Presenza de tráfico rodado en todos os tramos da vía peonil, con vehículos que saltan os sinais que obrigan a non virar pola peonil para as rúas adxacentes, e aparcamentos indiscriminados en calquera espazo da rúa. Isto agrávase cada vez máis por mor do crecemento da actividade de reparto de paquetaría.
  2. Ausencia de criterio arquitectónico homoxéneo e calidade deficiente dos materiais de construción. Isto tradúcese na presenza de especies arbóreas indistintas, con algunhas que non son acaídas nunha contorna urbana (as laranxeiras de Oidor Gregorio Tovar atraen as moscas, ao apodreceren os froitos nas pólas), e na instalación de material urbano que non segue unha liña común.
  3. O equipamento da rúa, non sendo as recentes papeleiras, está moi dereriorado ou desaparecido (unha fonte á altura de Oidor Gregorio Tovar, colectores de pilas, morróns ("bolardos") que faltan (na praza de San Vicente aproveitan para aparcar os coches), xardineiras nunca repostas etc.
  4. Presenza intrusiva, caótica e desorganizada do equipamento hostaleiro, o que se acentuou coas medidas derivadas da covid. Nalgunhas zonas hai que atravesar terrazas para cruzar por un paso de peóns.

De acordo con esta problemática grave e persistente, a proposta busca:

  1. Reurbanizar a vía peonil, desde criterios humanizadores, para evitar que se poida transcorrer cos vehículos entre rúas perpendiculares, atravesando a peonil desde calquera das rúas adxacentes. Os vehículos de traballo deberían ter indicados os seus lugares de aparcamento, mesmo con prazas marcadas no pavimento. En todas as interseccións debe haber morróns e xardineiras que impidan o aparcamento (ao estilo da rúa Barcelona), así como nas zonas centrais da rúa, para gozo e esparcimento da veciñanza. Só sería necesario prever o espazo que se debe deixar ao paso dunha ambulancia nunha emerxencia. Debe perseguirse de maneira insistente, día a día, o aparcamento indebido e ilegal.
  2. Humanizar a contorna, optando por un mobiliario e unhas especies arbóreas adecuados, desde unha planificación rigorosa que teña en conta os condicionantes da rúa e a realidade do barrio. Para reactivar a vida da vía, suxerimos a colocación de instalacións artísticas de tipo escultórico, fontes etc.

ERRADICAR O PASO DE CAMIÓNS DE GRANDE TONELAXE (SACYR agua) POLA RÚA ÁNGEL SENRA

24/09/2021  •  6d8f76f7-fb35-45c5-ad02-2d5ccea45603  •  Distrito 4

O Goberno Municipal debe EVITAR A OCUPACIÓN DA RÚA PEONIL DE ANGEL SENRA e aledaños cos CAMIÓNS DE GRANDE TONELAXE que cargan auga, durante todo o día e parte da noite, na confluencia desta rúa peonil ca rúa Marqués de Figueroa. É increible que se permita aquilo. Todo o día os camións industriais cargando e paseando por unha rúa que, mais que peonil, semella unha vía industrial.  Molesta a todo o mundo (terrazas de bares; paseo de viandantes, nenos e maiores), ademais de producir CONTAMINACIÓN POR RUIDOS E EMISIÓN DE GASES. Permitir iso, non é facer cidade, é destruila .

Non fai falla presuposto, só vontade e obligar a os camións a cargar auga noutro lugar.

 

construction-truck-dirt-industry-construct-dump.jpg

Centro de Formación para adquirir práctica en profesiones más solicitadas

01/10/2021  •  sadik24  •  Distrito 4

Creación de un centro donde poder ir a hacer prácticas de varias profesiones (camarero/a, peluquería...)  para mejorar las posibilidades de encontrar un empleo. 

Paseo San Joan

REFORMA POR FASES DA AVENIDA DE ARTEIXO ENTRE RD OUTEIRO E RD NELLE

28/09/2021  •  A. Martínez  •  Distrito 4

Aproveitando a obra de urxencia no paso inferior da Ronda de Nelle con Avenida de Arteixo, modificar esta última eliminando a mediana de vexetación e levando esta ós lados da vía, ensanchando beirarúas e xerando espazos de estancia, creando ademais un carril bici.

Esta intervención similar levouse a cabo no Paseo San Joan de Barcelona, eliminando unha mediana que non é empregable para disfrute cidadán, convertíndoa en xardíns laterais e espazos de estancia, desfrute ou exercicio físico.