Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 3

Propostas de investimento non viables: Distrito 3

Os investimentos deben cumprir unha serie de criterios (como a legalidade, a concrención, seren competencia do concello, non superaren o máximo do orzamento), para seren declaradas viables e chegaren até a votación final. Todos os investimentos que non cumpriren estes criterios son marcados como inviables e publicadas na seguinte relación, xunto co seu informe de inviabilidade.
Manhatan

REORDENACIÓN DA PZ PONTEVEDRA CO TRASLADO DO EDIFICIO DO MANHATAN

22/09/2021  •  A. Martínez  •  Distrito 3

Traslado dos locais do edificio Manhatan na Praza de Pontevedra, en aplicación da segunda fase do proxecto de rehabilitación da Praza, a fin de facilitar o seu uso como futuro intercambiador de transporte público. A intervención implicaria a creación dunha rotonda na actual ubicación do Manhatan e a reordenación do tráfico, e a implantación dos locais actuais mantendo a concesión nun novo edificio no parterre máis próximo o edificio OCASO

Mellora cruce Pla y Cancela con Juan Castro Mosquera

24/09/2021  •  Anibal_exp  •  Distrito 3

Reducir o espacio dedicado ó tráfico en Pla y Cancela e especialmente no cruce. Eliminar os carriles de incorporación intermedios, as isletas e os carriles específicos de xiro. Facer ambas calles de unha única dirección hacia Ronda de Nelle e hacía Avenida de Arteixo para simplificar o cruce e dar continuidade as direccións preexistentes.

Vista da praza coa sección para peonalizar -dereita- e a humanizar -esquerda-.

Reforma e humanización da praza Antonio Tenreiro

26/09/2021  •  pedro _catr  •  Distrito 3

A entrada ao Ensanche desde Juan Flórez e Federico Tapia é unha das estampas urbanas máis degradadas do distrito. A praza dedicada a un dos mellores arquitectos galegos do século XX, Antonio Tenreiro, é unha deshumanizada illa triangular no medio do tráfico e a dobre fila. Situada entre un centro de saúde e unha escola, non é un itinerario seguro para os peóns.

Aproveitando a reforma de Juan Flórez para a instalación do carril bus, proponse a seguinte humanización da praza.

1-Peonalización do pequeno treito correspondente a Ramón de la Sagra e ampliación da praza en substitución da calzada. Xa que os edificios carecen de garaxe, a afectación ao tránsito é mínima. Coa conversión en carril exclusivo para bus de Juan Flórez en sentido entrada, deixa de ter sentido o xiro á dereita en Ramón de la Sagra. O xiro pódese facer perfectamente desde Federico Tapia.

2-Redución da sección de calzada no tramo correspondente a Federico Tapia. Actualmente hai dous carrís e dúas filas de zona azul, pasaríase a un carril sen aparcamento, continuando o esquema do tramo de rúa inmediatamente anterior diante do centro de saúde. O espazo gañado serviría para ampliar a praza-parque.

3-Redución da sección de calzada no tramo corresponde ao carril bus de Juan Flórez. Ao ser unha vía exclusiva, deixa de ter sentido o ancho dedicado actual, no que hai dúas filas de zona azul. O espazo gañado serviría para ampliar beirarrúas do lado do muro de Juan Flórez e ampliar a praza o que permita o ancho dispoñible.

4- Reforma estética do parque con plantación de novas especies arbóreas, sendas polo medio da praza, bancos, algunha pequena fonte... En definitiva, converter a praza nun recunho onde apeteza estar á sombra, levar os nenos que saen da escola con seguridade ou descansar nas inmediacións do centro de saúde.

Reurbanización beirarrúa pares Rúa Nicaragua

29/09/2021  •  AnaT  •  Distrito 3

A beirarrúa de pares da Rúa Nicaragua ten unha configuración na que as beirarrúas son moi escasas e non son accesibles. Ademais está en moi mal estado. Neste lado da rúa atópanse o 90% dos portais, estando en impares as traseiras da Costa da Unión. A proposta consiste en reurbanizar dita beirarrúa cos mesmos criterios que a Costa da Unión recén renovada, aumentando o seu ancho e intercalando arboredo cada 3-4 prazas de aparcadoiro.

Plaza_del_Tebeo.jpg

Reforma de la plaza del Tebeo

04/10/2021  •  Λlberto  •  Distrito 3

Esta plaza ha tenido problemas de diseño desde el principio; pero ahora ya está pidiendo una reforma o como poco una actualizacion y arreglo de ciertos aspectos.

- El murete que da hacia la nueva rotonda esta empezando a ceder (marco el punto exacto en la foto) y la terminacion de marmol de dicho murete esta suelta o levantada en mucho puntos.

- El pavimento es muy resbaladizo, habria que sustituirlo o aplicar algun producto que haga el suelo antideslizante en humedad.

- La escalera de paso y medio es bastante incomoda, sumandole cuando esta resbaladiza la hacen peligrosa; abogo por hacerla con una huella normal, o una rampa.

-Estaría bien ampliar la fuente y que pase por debajo de las escaleras eliminando el hueco que queda debajo de estás (marcado en azul en la foto), evitando que indigentes duerman en el hueco que queda debajo de las escaleras. Tambien se podría suprimir ese color azul super llamativo y discordante con sintonia de la plaza; pareciendo una piscina mas que una fuente. Una opción podría ser un  alicatado de azulejitos mosaico, aunque esta ultima parte es lo menos importante.

Reurbanización Federico Tapia baixo praza de Vigo

29/09/2021  •  AnaT  •  Distrito 3

Na rúa Federico Tapia, fronte aos locais comerciais baixo a praza de Vigo hai moito tráfico de vehículos e autobuses tanto urbanos coma escolares. Na actualidade non existen dous carrís senón que é un e medio. A proposta consiste en eliminar as 6 prazas de aparcamento delante dos locais e delimitar dous carrís reais. Co espazo sobrante reurbanizar toda a acera dos locais baixo a praza aumentando o seu ancho, renovando e aumentando o arboredo e mellorando os alcorques e o mobiliario urbano.

Rúa Historiador Vedia

29/09/2021  •  aporta.cl21  •  Distrito 3

Solicitud de ASFALTADO RUA HISTORIADOR VEDIA y RENOVACIÓN DE ACERAS para dicha rúa. 

Praza de Ourense

Ampliación de espazo peonil en praza Ourense

02/10/2021  •  Mobi-Liza  •  Distrito 3

A praza de Ourense está destinada na súa meirande parte ao coche, deixando que o espazo destinado ao peón e outros medios de transporte (bici, VMP, bus...) sexa escaso, compartido e xera conflitos. Por exemplo, onde Delegación de Goberno hai unha beirarrúa estreita que ten ser compartida entre peóns, usuarios de bicicleta e do transporte público; do outro lado, a situación é similar. Polo tanto, dende Mobi-liza, propoñemos unha reordenación do espazo público, de forma que academos un espazo máis humano, máis eficiente (que move persoas e non só coches), reducindo o número de carrís de circulación, pasando de 5 a 3 en sentido entrada e de 3 a 2 en sentido saída. Este espazo sería aproveitado para ampliar as beirarrúas estreitas e, ademais, no sentido entrada, podería conectarse o carril-bici segregado.

Peatonalización de la calle Nicomedes Pastor Diaz

25/09/2021  •  elena_sarmiento_diez  •  Distrito 3

Peatonalizar la calle Nicomedes Pastor Diaz 

Peatonalizar la calle Industrial

25/09/2021  •  vecina  •  Distrito 3

Ahora que se va a reorganizar la zona con la supresión del túnel y la creación de un bulevar, estaría bien peatonalizar la calle Industrial puesto que no tiene casi tráfico y el que tiene se podría redirigir por la Avda. de Arteixo. Se conseguiría un espacio mucho más humanizado, ampliando el pequeño jardín que separa la Avda. de Arteixo y la calle Industrial. La orientación es muy buena, puesto que daría el sol toda la tarde, se podrían poner terrazas, se revitalizarían los bajos comerciales de la zona y sería un espacio muy agradable para las personas del barrio.