Na Coruña Contas

Propostas de investimento con ámbito: Distrito 8

INSTALACIÓN DE PANEIS INFORMATIVOS ELECTRÓNICOS NAS PARADAS DOS BUSES URBANOS

20/09/2021  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 8

Demándase a instalación de paneis informativos electrónicos nas paradas dos buses urbanos en Palavea, Santa Xema e Ponte da Pasaxe (liñas 20, 22, 1A) para facilitar a información sobre os horarios das paradas e os tempos de chegada (números de liña, destino e tempos de chegada) facilitando a visibilidade. Fundamental para os usuarios que non empreguen aplicacións móbiles. 

149.990 €

REFORMA EXTERIOR DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL "OS CATIVOS".

20/09/2021  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 8

A escola infantil precisa dende fai varios anos de arranxos xerais no seu exterior tanto no relativo a pintura, especialmente no estado dalgunhas zonas do edificio, como, entre outras, na reparación das escaleiras laterais que actualmente teñen varias lousas soltas. 

90.000 €

REFORMA E HUMANIZACIÓN DA ESTRADA SANTUARIO DE SANTA XEMA

22/09/2021  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 8

Demándase a reforma da vía e humanización da mesma, así como a dotación dunha mellora de mobiliario urbano ás zonas públicas da contorna da vía para facilitar a mobilidade peonil e a mellora da vida veciñal da zona. 

150.000 €

CREACIÓN DUNHA ÁREA DE ESPAREXEMENTO EN PALAVEA

20/09/2021  •  Manuel_AV_Osnososlares  •  Distrito 8

Demándase a creación dunha área de esparexemento na contorna dos grupos de vivendas Santa Cristina (Palavea). A proposta é estudar un tipo de intervención branda que poida ser compatible co espazo dispoñible e con diferentes usos, permitindo uns bancos e área de descanso e algún espacio de ocio deportivo complementario (calistenia, deportes urbanos, etc.) como equipamento deportivo exterior. 

 

150.000 €