Na Coruña Contas

Volver

Reurbanización da Rúa do Orzán

JOSEG JOSEG  •  04/10/2021  •  Distrito 1  • 

Código proposta de investimento: 3625

A rúa do Orzán, desde a Praza de Pontevedra ata a Rúa Alta é peonil. Nembargantes, o seu deseño figura con beirarúas, pasos de peóns, e unha estrada para a circulación de coches.  Precisa dunha reforma para acentuar o seu carácter peonil, a través dun empedrado uniforme e mobiliario urbano novo.

Localización: Rúa do Orzán

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos