Na Coruña Contas

Volver

HORTAS PARA USUARIOS PARTICULARES

CARLOS OTERO CARLOS OTERO  •  04/10/2021  •  Distrito 2  • 

Código proposta de investimento: 3618

Teño a sorte de traballar nas hortas municipais ó carón do cárcere, e todos os días veñen veciños preguntando cómo poden aceder a unha destas hortas. Pero estas hortas son para uso asociativo e lamentablemente non hai hortas para uso veciñal en todo o barrio. O mais preto que hai son as hortas do Agra (sic). A demanda é enorme e hai espacio suficiente para compartir con nenos e mesmo cans, tanto no propio parque Carlos Casares coma na contorna da Igrexa de Santo Xosé que se vai remodelar, por exemplo.

Localización: Novo parque previsto detrás da igrexa de Santo Xosé, ou Parque Carlos Casares.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos