Na Coruña Contas

Volver

Camiño de Santiago. Non cambiar o percorrido para especular.

monicaeiris monicaeiris  •  04/10/2021  •  Distrito 8  • 

camiño_de_Santiago.jpg
camiño_de_Santiago.jpg

Código proposta de investimento: 3617

O Camiño de Santiago atravesaba Eirís. Era o Camiño de Eirís. Partía da Estrada de Eirís, entraba en Eirís de Abaixo, pasaba pola Fonte dos Caños, pola casa de Xosé Lesta Meis, subía cara MonteMero, e baixaba a Pedralonga. E así figuraba nas escrituras das fincas colindantes, como Camiño Real.

Tiñamos as cunchas oficiáis sinalizándoo, e as flechas amarelas pintadas nos postes indicando a ruta.

Pero coas obras do Parque Ofimático apareceron na Estrada de Eirís uns carteis coa lenda de "Desvío provisional do Camiño de Santiago". Anos despóis a Xunta modificouno, e logo as excavadoras fixeron o resto, arrasando o Camiño, incomunicando parte do barrio, substituíndoo por unhas escaleiras imposibles. 

En outros lugares protexen o Camiño de Santiago e o entorno, aquí cambiano de sitio para especular cos terreos. 

Agora ese tramo é propiedade do Concello.  E solicitamos que o habiliten de novo como Camiño, e poder tamén recuperar o Camiño de Santiago. 

Proposta en nome de: Asociación Vecoñal de Eirís "Uío Carré"

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos