Na Coruña Contas

Volver

Cando non hai placa que poña onde estás. Toponimia e Patrimonio na Coruña

monicaeiris monicaeiris  •  04/10/2021  •  Toda a cidade  • 

Placa_Nome_Lugar
Placa_Nome_Lugar

Código proposta de investimento: 3610

Para a maioría da xente da cidade é habitual levantar a vista nun cruce e poder ler unha placa na que pon o nome da rúa ou praza na que se atopan. Pero non para todas. 

No barrio de Eirís, e en outros na mesma situación de "periferia",  e máis concretamente nas zonas nas que non hai edificios, nin beirarúas, raro é ver unha placa co nome do lugar no que se está.  Salvemos a toponimia e a micro-toponimia como parte do noso Patrimonio. 

En 20 anos pedíndoo, chegaron a levar os nomes a outros barrios (cousas como ter que ver "Casanova de Eirís" no Castrillón).

Queremos que se coloquen placas cos nomes que xa teñen os lugares. 

O mesmo que a maior parte da cidade onde non hai placas: O Foxo, Eirís de Arriba, Eirís de Abaixo, Curramontes, O Castaño, Pedralonga, Pedro Fernández, Palavea, Monte do Mero, Elviña, A Silva, A Moura, Marzán, Cances, A Fontaíña, Loureiro de Visla, San Cristovo, Penamoa, Martinete, As Revoltas...

Pero que non cambien os nomes das rúas. 

Que poñan eses mesmos nomes de rúa que usa o Concello para enviarnos as cartas para que paguemos os impostos!!

Proposta en nome de: Asociación Vecoñal de Eirís "Uío Carré"

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos