Na Coruña Contas

Volver

Humanización da Avenida de San Roque de Afuera

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  04/10/2021  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 3605

Cómpre que se siga avanzando na consecución dun paseo marítimo destinado ás persoas e non aos coches. Nese sentido, dende Mobi-liza propoñemos que a avenida de San Roque de Afuera goce de máis espazo peonil dende a rotonda con Manuel Murguía ata a rotonda do MUNCYT. Deste xeito, quedarían unicamente dous carrís de circulación, un para cada sentido, que se atoparían no que actualmente son os carrís de circulación en dirección Monte San Pedro cara o centro. O resto do espazo, dende a actual mediana cara a costa, sería espazo peonil; mantendo o carril-bici existente.

Localización: Avenida San Roque de Afuera

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos