Na Coruña Contas

Volver

Zona verde no campus de Elviña

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  04/10/2021  •  Distrito 9  • 

Na imaxe, como ha de ser un campus universitario
Na imaxe, como ha de ser un campus universitario

Código proposta de investimento: 3600

Un campus universitario ha de ser ante todo unha zona verde e con múltiples zonas de esparexemento que alenten a vida universitaria. Sen embargo, o campus universitario de Elviña, como outros da UDC, está destinado fundamentalmente ao coche privado. É por iso que dende Mobi-liza propoñemos que se elimine o aparcadoiro de diante da facultade de socioloxía (agás unha praza para carga e descarga e outra para persoas con mobilidade reducida) de forma que se poida crear unha zona verde que conte con bancos, dándolle continuidade á zona de esparexemento que hai diante das facultades de dereito e ciencias da educación.

Localización: Campus de Elviña, diante da facultade de socioloxía

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

Esta proposta é INVIABLE por non cumprir o requisito de ser competencia municipal posto que o terreo é titularidade da UDC e o Concello da Coruña non pode realizar ningunha actuación nel.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos