Na Coruña Contas

Volver

Fondo de saco en rúa San Sebastián

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  03/10/2021  •  Distrito 4  • 

20210225185744_zabalgana-auzoa-gasteiz-i_amp_w1200.jpg
20210225185744_zabalgana-auzoa-gasteiz-i_amp_w1200.jpg

Código proposta de investimento: 3521

A rúa San Sebastián é empregada por coches a altas velocidades co fin de evitar o xiro a dereita dende Avda Fisterra a Rolda de Nelle, o cal xera inseguridade para os peóns. Polo tanto, dende Mobi-liza cremos que pode ser empregada unha fórmula das chamadas fondo de saco, o cal desincentiva o uso desta vía por parte de tráfico de paso, quedando só para residentes. A medida podería consistir na colocación dun xardineira ou doutro mobiliario urbano, que "rompa o tráfico", na propia rúa San Sebastián entre Cancela de afuera e San Leandro. Así, os residentes e do garaxe San Sebastián poden seguir accedendo pola propia rúa San Leandro; mentres que se evita o tráfico de paso polo barrio.

Deixamos un enlace dun plan máis ambicioso do concello de Vitoria-Gasteiz poñendo en práctica os fondos de saco para que se entenda mellor a proposta: https://www.eitb.eus/es/noticias/sociedad/detalle/7870050/vitoriagasteiz-el-proyecto-crear-10-supermanzanas-zabalgana/

Localización: Rúa San Sebastián

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos