Na Coruña Contas

Volver

Aparcabicis con pas eólicas

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  03/10/2021  •  Distrito 7  • 

E_f-z4TWYAo4WVU.jpg
E_f-z4TWYAo4WVU.jpg

Código proposta de investimento: 3511

As pas eólicas poden ter unha segunda vida como aparcadoiros de bicicleta. Dende Mobi-liza propoñemos a colocación dun aparcabicis cuberto feito a partir dunha pa eólica que xa non cumpre a función para a que foi construída, concretamente no Parque de San Diego. Podería ser ao lado do aparcabicis xa existente onde o ximnasio, xa que adoita ter moita demanda; de forma que algunhas das bicis alí aparcadas poidan ser gardadas baixo cuberta.

Localización: Parque San Diego

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos