Na Coruña Contas

Volver

Proxeto camiños municipais

beatrizgomezamigo@gmail.com beatrizgomezamigo@gmail.com  •  03/10/2021  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 3503

Continuar camiño de carro entre o n° 11 de Cances e o lugar de Perdival, no baixo do mte. Rancheiro, que chega ata o camiño paralelo á Terceira Rolda.

É moi transitado polos donos e as donas de mascotas.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • beatrizgomezamigo@gmail.com

    Sinto moito. É unha mágoa que os gobernantes non se sensibilicen co patrimonio natural, así como coa tradición cultural dun barrio rural, onde a xente movíase polos carreiros, comunicábase Cances, Silva, con S. Pedro, Comeanda... E ese carreiro hoxe, en moi mal estado, é utilizado para pasear as mascotas, preferentemente. É patrimonio municipal, e debera ser unha ruta alternativa para poder achegarse, andando, ao parque- monte Rancheiro (Penamoa)

    Sen respostas
Non hai fitos definidos