Na Coruña Contas

Volver

Iluminación camiños públicos

beatrizgomezamigo@gmail.com beatrizgomezamigo@gmail.com  •  03/10/2021  •  Distrito 10  • 

Código proposta de investimento: 3502

Iluminación camiños públicos nos lugares de As Regas- A Moura a Cances e de A Silva  á Penamoa

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • beatrizgomezamigo@gmail.com

    Sinto moito. Como traballo proposto en anos pasados, reparouse algúns dos carreiros municipais dos lugares de Silva, Moura-As Regas, en primaveira do 2021. Pedíase que se iluminaran, cuns puntos de luz, que facilitara que a veciñanza que nos movemos por eles, amáis das persoas que veñen disfrutar do monte, con ou sen suas mascotas, poideramos facelo con seguridade. Agardo da concellalía responsable teña abondo de sensibilidade para pensar o difícil que é conseguir que nun lugar onde vivimos pouca xente, con casas dispersas, con duas líneas de bus que quedan moi distantes da maioría das vivendas, precísase luz, para evitar que o lugar convírtase nun punto de droga, como xa está a pasar. É un serio problema de inseguridade cidadá ao que estamos abocados, se queremos dispoñer das líneas de bus urbano, e deixar o coche na casa para ir traballar.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos