Na Coruña Contas

Volver

Pasamáns de seguridade no túnel peonil

homergz homergz  •  02/10/2021  •  Distrito 7  • 

Pasamans.jpg
Pasamans.jpg

Código proposta de investimento: 3456

O tunel peonil que cruza a Avda Alfonso Molina, dende a Avenida de Oleiros ate a praza Luis Seoane, remata nunha escalinata sen ningún elemento que protexa aos peóns dunha caída de case que dous metros. Cómpre lembrar que nas proximidades hai unha escola infantil e que o túnel é a ruta escollida por moitas familias para chegar á guardería. Levamos moitos anos tentando á sorte de que ningún/ha neno/a caera. Solicito que se coloque un pasamáns, dunha peza ou dividido en varios tramos, con barras inferiores, que protexan de caidas e que sirvan para apoiarse ao subir/baixar as escaleiras.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos