Na Coruña Contas

Volver

Metrominuto peonil e ciclista

Mobi-Liza Mobi-Liza  •  02/10/2021  •  Toda a cidade  • 

OIP.KbgPmWZwShdry0iChdPdTgHaLs.jpg
OIP.KbgPmWZwShdry0iChdPdTgHaLs.jpg

Código proposta de investimento: 3451

Para visibilizar a escasa distancia e tempo a empregar para percorridos a pé e en bici ou VMP na cidade da Coruña, dende Mobi-liza propoñemos o sistema metrominuto como o existente en cidades como Pontevedra. A proposta inclúe a colocación de paneis informativos lexibles en diferentes puntos da cidade que amosen o mapa co metrominuto. Entendemos imprescindible que estes paneis cumpran unha serie de requisitos para ser inclusivos e lexibles, tales como: altura para diferentes persoas (nenos, persoas en cadeira de rodas, etc.), tamaño de letra lexible, fonte de letra simple, linguaxe visual clara, mapas que se poidan entender universalmente, etc. Deste xeito, cremos que se incentivarían os desprazamentos a pé e en bici, xa que se demostraría que o tempo a empregar é moi pouco, desmitificando a distancia.

Proposta en nome de: Mobi-liza

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por acadar menos de 90 apoios da cidadanía na fase de priorización, límite establecido para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que a cidade necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • Bea Ulalume

    Al principio me pareció raro, pero lo cierto es que hay mucha gente que no usa herramientas tipo GoogleMaps bien sea por desconocimiento, desinterés, falta de costumbre... Además si estás acostumbrado a ir siempre a ciertos sitios en coche, por principio no vas a mirar lo que tardarías en ir de otra forma. Pero si tienes fácil acceso a un cartel que te informe de otra forma de desplazarte, a lo mejor te animas. Investigando el tema, he visto planos de otras ciudades y están muy chulos y claritos, imitando el plano de un Metro. Es una idea nacida en Pontevedra que ya ha llegado a sitios como Londres, Florencia o Toulouse. Tiene buena pinta, y tiene mi voto.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos