Na Coruña Contas

Volver

parada bus para IES Rafael Dieste

akuariosss akuariosss  •  29/09/2021  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 3348

Propoño o cambio de localización da parada (91) que ten a liña 14  en  Manuel Murguía con Rd Outeiro (despois de facer a rotonda do Pavo Real), para dar servicio aos nenos/as que van a este instituto sin teren que cruzar vías de 6 + 4 carriles . A ubicación proposta sería en Manuel Murguía en frente do nº 23, xusto ao lado do Conservatorio. Ou habilitar unha parada nesta ubicación nos periodos lectivos.

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos