Na Coruña Contas

Volver

Creación dunha tarxeta temporal que integre bus e bici

bfrr bfrr  •  29/09/2021  •  Toda a cidade  • 

Código proposta de investimento: 3330

Cando alguén visita A Coruña uns días non ten posibilidade de coller as bicis de BiciCoruña nin de usar o transporte público sen pagar o prezo completo, ademais de non ter posibilidades de intercambio.

A miña proposta pretende a creación dunha "tarxeta visitante" ao estilo da Millenium e que permita coller durante uns días (os que se establezan segundo o prezo) os buses da cidade e as bicis de BiciCoruña.

Esta tarxeta permitiría ás persoas que nos visiten non depender do coche para moverse pola cidade ademais de que favorecería o transporte sostible.

Informe de inviabilidade

A proposta é inviable porque a creación desta tarxeta temporal non é un investimento.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos