Na Coruña Contas

Volver

REFORMA POR FASES DA AVENIDA DE ARTEIXO ENTRE RD OUTEIRO E RD NELLE

A. Martínez A. Martínez  •  28/09/2021  •  Distrito 4  • 

Paseo San Joan
Paseo San Joan

Código proposta de investimento: 3293

Aproveitando a obra de urxencia no paso inferior da Ronda de Nelle con Avenida de Arteixo, modificar esta última eliminando a mediana de vexetación e levando esta ós lados da vía, ensanchando beirarúas e xerando espazos de estancia, creando ademais un carril bici.

Esta intervención similar levouse a cabo no Paseo San Joan de Barcelona, eliminando unha mediana que non é empregable para disfrute cidadán, convertíndoa en xardíns laterais e espazos de estancia, desfrute ou exercicio físico. 

 

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE porque, ainda que estivo entre as máis apoiadas do distrito na fase de priorización, o seu orzamento de execución supera o límite asignado ao distrito, e non pode incluirse no grupo de propostas de cidade por ter acadado menos de 90 apoios, límite establecido nesta categoría para pasar á fase final de votación. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
  • alex9900

    Me da la impresión que lo pretenden ahora es hacer trozos de carril bici separados entre sí, para que no se usen ,como hizo siempre el PSOE, y como ha hecho en el antiguo acueducto de la ronda de Nelle ,un carril bici sin unir al resto es un crimen, un gasto absurdo de algo que nadie va a usar ,y que molesta ,y que perjudica seriamente al uso de la bicicleta.

    Sen respostas
Non hai fitos definidos