Na Coruña Contas

Volver

DOTACIÓN DE BANCOS NA AVENIDA DA HABANA

Pichichi Pichichi  •  27/09/2021  •  Distrito 5  • 

Código proposta de investimento: 3215

Esta proposta pretende que se incremente o número de bancos ao longo da Avenida da Habana. Na actualidade só hai doce bancos, seis en cada beirarrúa. Unha cantidade ínfima en relación coa lonxitude desta avenida, unha avenida moi concurrida e camiño de acceso ao Paseo Marítimo da veciñanza de San Pedro de Visma, Agra do Orzán, Peruleiro... 

O amplo espazo da beirrarúa a rentes do estadio, dos pavillóns e da parte posterior da Casa da Auga, permitiría a colocación destes bancos, deixando espazo abondo para o tránsito de espectadores e espectadoras nos días de partido e non suporían nengún atranco aos desprazamentos no resto dos días.

Localización: Avenida da Habana

Informe de inviabilidade

A túa proposta non pasou á fase de votación e foi declarada INVIABLE por non estar entre as máis apoiadas do distrito na fase de apoios. Con todo, todas as propostas, tanto as viables como as inviables, son enviadas ás distintas Concellarías para que coñezan as demandas da cidadanía e poidan telas en conta no futuro. Animámoste igualmente a que participes na última fase, votando aquelas propostas que o teu barrio necesita. Na Coruña contas.


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos