Na Coruña Contas

Volver

Convertir en bibliotecas gratuitas ás cabinas telefónicas en desuso

pablo.otero pablo.otero  •  26/09/2021  •  Toda a cidade  • 

31665135236_967464607e_o_d.jpeg
31665135236_967464607e_o_d.jpeg

Código proposta de investimento: 3166

Co desuso das cabinas teléfonicas e co apoio do Concello, poderíamos organizar obradoiros de reciclaxe para convertir estas cabinas en bibliotecas gratuitas para a cidadanía e poder practicar o bookcrossing.  A idea non é nova, xa que se fixeron algunas polo Campo da Leña e Cidade Vella.  A cidadanía deixarían libros en desuso que poderían ser collidos por outros coruñeses. Colles un libro e deixas outro, e recuperas material urbano en desuso e lle das un novo uso.  Podería encargarse este traballo a unha asociación cultural da cidade e se podería facer obradoiros abertos para a participación de moitos coruñeses. 

Informe de inviabilidade

A proposta é inviable pois non dispoñemos de información suficiente para valorar a viabilidade desta proposta nin o seu custo económico. Somos descoñecedoras da cantidade de cabinas que hai na cidade e cales son susceptibles de conservación por ser un elemento patrimonial. Ademais, as biblio-cabinas non suporían unha mellora no sistema bibliotecario da cidade que é amplo e ben dotado (existen dez bibliotecas públicas repartidas por diferentes zonas da cidade onde a cidadanía pode ter acceso libre e gratuíto a unha maior colección de libros e a un gran catálogo de servizos así como a unha atención personalizada).


Necesitas iniciar sesión ou rexistrarte para comentar.
Non hai fitos definidos